xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
8
9

SÁBADO 13

20’00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: CLARA SANCHÍS
PROCEDENCIA: MADRID
ESPECTÁCULO: Unha habitación propia
DURACIÓN: 70 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autora: Virginia Woolf
Dirección: María Ruiz
Reparto: Clara Sanchís
Deseño de vestiario: Helena Sanchís
Realización de vestiario: Cornejo
Música: Clara Sanchís a partir de J.S. Bach
Iluminación: Juan Gómez-Cornejo
Fotografía: Isabel de Ocampo, Diego Ruiz
Diseño gráfico: Diego Ruiz
Distribución: Salbi Senante
Produción: Clara Sanchis

SINOPSE
Unha escritora dá unha conferencia ante unhas novas estudantes en 1928. As súas palabras, irónicas e afiadas, son o relato vivo dun descubrimento: para adicarse á literatura, unha muller necesita diñeiro e unha habitación propia. Só hai nove anos que se lle concedeu o voto á muller. A dinámica desta falsa conferencia é unha experiencia imaxinaria, vívida e humorística, que desemboca como un río inexorable nalgunhas das ideas máis intelixentes e de aparencia máis sinxela ao redor da igualdade de homes e mulleres ante a lei.

CLARA SANCHÍS ten protagonizado máis de vinte espectáculos teatrais. Os seus últimos traballos son O alcalde de Zalamea e Onde hai agravios non hai ciumes coa Compañía Nacional de Teatro Clásico e A lingua en anacos de Juan Mayorga. Entre as súas interpretacións destacan O Lector por horas de Sanchis Sinisterra, Macbeth de Shakespeare (dir. María Ruiz), O castigo sen vinganza de Lope de Vega (dir. Eduardo Vasco), As Troianas de Eurípides (dir. Mario Gas), Próspero soña Xulieta de José Sanchis Sinisterra, ou Agosto de Tracy Letts (dir. Gerardo Vera).

MARÍA RUIZ ten 40 montaxes ás costas. En 1995 funda o Teatro do Olivar. Foi directora do Real Coliseo Carlos III do Escorial, en 1995/96. Dirixiu o Festival Clásicos en Alcalá entre 2001 e 2003.

 


22'30 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: LA MONA ILUSTRE
PROCEDENCIA: CHILE
ESPECTÁCULO: La niña de Canterville
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección: Miguel Bregante
Dramaturxia: Andrea Gutiérrez
Elenco: Isidora Robeson, Diego Hinojosa, Paula Barraza
Produción e asistente de dirección: Loreto Vilches
Realización de marionetas, máscaras e utilería: A Matriarca Teatro
Construción escenografía: Nicolás Covarrubias, Eduardo Jiménez, Tomás O’Ryan
Confección de vestiario: Sergio Aravena
Iluminación: María José Laso
Asesoría máxica: Juan Esteban Varela
Composición musical: Camilo Salinas
Deseño integral: Eduardo Jiménez
Obra financiada coa achega de FONDART 2015

SINOPSE
Esta é a historia dunha amizade improbable, que se establece entre unha nena case adolescente e unha centenaria pantasma, decadente e esquecida. O relato comeza coa chegada da familia Otis á tenebrosa mansión de Canterville. Inspirada no relato de Óscar Wilde, esta obra fala do valor da amizade e do desapego, a través das delicadas formas teatrais da compañía A Mona Ilustre.

A COMPAÑÍA
A Mona Ilustre de Chile é unha compañía de teatro cuxos integrantes teñen orixes, formacións e nacionali- dades diversas. Agora presentan catro traballos: Os peixes non voan (2009), As cousas tamén teñen mamá (2012), Juan Salvador Tremoia (2013) e A Pantasma de Canterville (2015). Todos creados a forza de agarimo, respecto, tesón, e moito traballo. Nos seus espectáculos tentan falar do ser humano, das súas fraxilidades, das súas miserias, dos seus tesouros ocultos.

www.celcit.es

Vídeo youtu.be/4gR8Fwk8SRc