xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
8
9

DOMINGO 14

19'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: LA MONA ILUSTRE
PROCEDENCIA: CHILE
ESPECTÁCULO: J. Salvador Tramoya
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección: Miguel Bregante
Elenco: Diego Hinojosa
Música: Felipe Hinojosa, Sebastián Aracena
Asistencia de dirección: Paula Barraza
Deseño integral: Eduardo Jiménez
Utilerías: Isidora Robeson
Vídeo Promocional: Tomás Quintana
Deseños papel: www.non.cl
Produción: Travesía Producións
Coprodución: A Mona Ilustre

SINOPSE
Juan Salvador traballa como tremoia nun teatro. Juan Salvador ordena, ordena e ordena. Ordena un camarín, ordena panos, algodóns, pinceis... Juan Salvador confúndese: imaxina que os panos son pombas, e os algodóns convértense en bombas nas súas mans. De tanto ordenar e imaxinar o camarín é de súpeto a lúa, o fondo do mar, ou unha mansión tenebrosa. Juan Salvador vive, na súa imaxinación, aventuras marabillosamente absurdas que non sempre teñen final feliz e que case sempre terminan provocando algún desastre ao regresar á realidade. Juan Salvador decepciónase, e segue ordenando como lle ordenaron. Poderá Juan Salvador deixar o camarín limpo? Poderá estar á altura dos insistentes chamados do seu xefe? Será capaz de deixar de lado a súa imaxinación e volver ao seu traballo? Juan Salvador atrévese a ler o texto de teatro que está na mesa do camarín, comeza así: Juan Salvador traballa como tremoia nun teatro. Velaquí o relato dun inútil que pode converter motas de po en pombas mensaxeiras. Incapaz de esmagar a un mosquito amigo. É a historia dun cerebro diminuto cheo de planetas estraños, de chicles globo aerostático, de xefes monstro. Un conto silencioso enmarcado.

A COMPAÑÍA
A Mona Ilustre de Chile é unha compañía de teatro cuxos integrantes teñen orixes, formacións e nacionali- dades diversas. Agora presentan catro traballos: Os peixes non voan (2009), As cousas tamén teñen mamá (2012), Juan Salvador Tremoia (2013) e A Pantasma de Canterville (2015). Todos creados a forza de agarimo, respecto, tesón, e moito traballo. Nos seus espectáculos tentan falar do ser humano, das súas fraxilidades, das súas miserias, dos seus tesouros ocultos.

www.celcit.es