xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
8
9

XOVES 4

19'30 RÚA
COMPAÑÍA: TRÉCOLA
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Sentido
DURACIÓN: 45 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Creación e interpretación: Trécola Teatro
Elenco: Yu Estévez, Irene Pérez Rey, Uxía Pérez, Ledicia Álvarez “Lele”, Tegra
Produción e distribución: Trécola Teatro

SINOPSE
O FITO desprega o seu colorido, os seus matices, penetra polos poros, murmura e berra aos catro ventos, con sabores agridoces, picantes… deixa unha estela de aromas que nos transportan a outros lugares, outros eus, outras épocas. O Fito cos cinco sentidos.

A COMPAÑÍA
Trécola Teatro é un grupo de teatro amador radicado na cidade de Ourense, nado en 2004. A formación de todos eles comeza na Aula de Teatro Universitaria da Universidade de Vigo, Campus de Ourense -Maricastaña-, complementando esta con cursos de diversa índole ao longo de todos estes anos. O traballo da compañía baséase en montaxes teatrais que abranguen distintos estilos e teñen como obxectivo a público moi diverso: desde teatro de actor para adultos e para público infantil, a teatro de rúa, animacións teatrais, conta contos ou performances… Teñen en cartel Cling, cling, cling, dramaturxia e dirección de Tegra e Choruma, dramaturxia de Uxía Pérez e Tegra, dirixida por esta última. Na súa traxectoria destacan Pinokia, dramaturxia de Fernando Dacosta dirixida por María Díaz; A verdadeira historia do corazón reloxo, a partir de La mecánica del corazón de Mathias Malzieu, dramaturxia de María Díaz con dirección de F. Dacosta; Aureanas, dramaturxia de Tegra, con dirección de María Díaz e Ama~dor en coprodución con ASTA, compañía de Covilhá, sobre textos de Florbela Espanca e dirección de Rui Pires.


 20'30 RÚA
COMPAÑÍA: PROJETO EZ
PROCEDENCIA: PORTUGAL            
ESPECTÁCULO: Manusear
DURACIÓN:  45 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Elenco: João Pinto, Miguel Branca, Raquel Campos, Joel Maia
Músicos: Daniel Amorim, Paulo Azevedo, Oliveira
Produción: Daniela Molar
Distribución: María Mariño

SINOPSE
Neste espectáculo imos dicir verdades mentindo… ou será de broma?
A circulación, a itinerancia deste espectáculo de rúa, pre- tende facer alusión á universalidade e transversalidade do tema: todos somos manipulados, todos podemos desenvolver a nosa consciencia. Ese sentido que tanto nos comunicaron e que tanto tememos oír.
“Manusear: o camiño para unha nova realidade.”

A COMPAÑÍA
EZ é o principio e o fin da palabra “ESTUPIDEZ”. Foi dunha idea “estúpida” que todo comezou en 2012. EZ preséntase como un proxecto de animación itinerante e distínguese por ter en escena diferentes vehículos, creados e construídos polo autodidacta e creador do proxecto – João Pinto. En Projeto EZ xúntanse un grupo de profesionais capaces de proporcionar ao público a vivencia de ideas e experiencias “estúpidas”, velando pola innovación tecnolóxica e a seguridade.