xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
8
9

VENRES 5

20’00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: SUTTOTOS
PROCEDENCIA: ARXENTINA
ESPECTÁCULO: Inestable
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección e dramaturxia: Andrés Caminos e Gadiel Sztryk
Elenco: Andrés Caminos, Gadiel Sztryk
Asistencia de dirección: Manuela Bottale e Marianela Faccioli
Escenografía e iluminación: Fernando Dopazo
Deseño de Vestiario: Analía Cristina Morais
Realización de Vestiario: Patricio Delgado
Fotografía: Pablo Linietsky
Produción: Bienal de Arte Nova de Bos Aires e Sutottos

SINOPSE
Unha mancha de humidade, unha chamada de teléfono, unha saba, calquera cousa pode desatar a paranoia destes dous personaxes. Eles, os do escenario, son dous tipos comúns, pero que non poden ocultar as súas fobias. Eles pásana mal. Pero o público estala de risa.
Os actores detrás da máscara dos Sutottos, Andrés Camiños e Gadiel Sztrik son os responsables deste delirio teatral que se está convertendo nun novo fenómeno do off porteño.
O selo da compañía é o humor, o clown e a sinxeleza. Teatro popular e de calidade é a premisa que se propón -e cumpre- Sutottos, que celebra a súa década de vida rebosante de saúde.

A COMPAÑÍA
Andrés Caminos e Gadiel Sztryk fundan o grupo Sutottos no ano 2005. Formados na Universidade Nacional de Arte, gañaron o Primeiro Premio do Festival de Arte Nova Sub 18 do Goberno da Cidade de Bos Aires. En 2015 gañan a Bienal de Arte Nova de Bos Aires.

• Mellor espectáculo da Bienal de Arte Nova de Bos Aires.

ESPECTÁCULO RECOMENDADO POLA REDE NACIONAL DE TEATROS

www.mikaproject.es

Vídeo youtu.be/Yr8alaGowtw

 



22'30 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: DAVAI
PROCEDENCIA: ISRAEL
ESPECTÁCULO: En construción
DURACIÓN: 70 min. Espectáculo non verbal

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Elenco: Vitaly Azarin, Alexey Gavrielov, Fyodor Makarov
Escenografía e montaxe de son: Alexey Gavrielov
Vestiario: Yasmin Wollek
Música orixinal: Daniel Sinaisky
Escrito, dirixido e realizado por DAVAI

SINOPSE
Tres homes espertan nun cuarto ateigado e destartalado. A mañá comeza coa cerimonia de té: unha chave máxica para un novo día. No camiño cara ao obxectivo desexado, os protagonistas loitan contra as roturas de auga e electricidade, os mosquitos, as cascudas e os extraterrestres, os trastornos ameazantes do mundo exterior, os danos da tecnoloxía e as súas propias debilidades.
En Construción leva ao espectador a un universo poético e imaxinativo cheo de humor absurdo. E a través do pallaso grotesco o virtuosismo do movemento e a risa xorde unha visión filosófica do mundo e o ser humano.

A COMPAÑÍA
DAVAI formouse en 2013 por Fyodor Makarov, Alexey Gavrielov e Vitaly Azarin. Ademais de En Construcción, DAVAI leva realizados espectáculos como Cosa Redonda para toda a familia, un espectáculo de rúa chamado Mama. A compañía é independente, ten a súa sede en Tel-Aviv, Israel.
En Construción é unha creación colectiva do compañía DAVAI co apoio financeiro do Ministerio de Cultura israelí. O espectáculo presentouse en festivais internacionais en Israel, México, India e Serbia.

Vídeo youtu.be/mXA9lbMNA7E