xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
8
9

SÁBADO 6

20'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: PRODUCCIONES OFF
PROCEDENCIA: MADRID
ESPECTÁCULO: Todas las mujeres
DURACIÓN: 90 min. TARIFA ESPECIAL 12€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autoría: Mariano Barroso, Alejandro Hernández
Dirección: Daniel Veronese
Elenco: Fele Martinez, Nuria González, Lola Casamayor, Cristina Prazas, Mónica Regueiro, Lucía Barrado
Tradución: Alejandro Hernández
Adaptación: Mariano Barroso
Escenografía: Ana Garay
Vestiario: Ana Garay
Música: Veronese
Iluminación: Veronese
Son: Veronese
Produción: Off

SINOPSE
Conta a historia de Nacho, un veterinario que se enfronta ás mulleres que significaron algo na súa vida. Ante el aparece o seu amante, a súa nai, a súa psicóloga, a súa ex-noiva e a súa cuñada. Con todas elas ten contas pendentes e a todas elas tense que enfrontar para resolvelas.

A COMPAÑÍA
A obra de Daniel Veronese describe unha das traxectorias máis relevantes do novo teatro arxentino xurdido trala ditadura militar (1976-1983). Desde aquel inquietante teatro de monecos dos seus comezos co Periférico de Obxectos, fundado en 1989, espazos escuros tinguidos de tintes sinistros, ata as súas últimas obras como director a partir dos últimos anos noventa, centradas na presenza física do actor e un intenso traballo de interpretación, Veronese non deixou de levar as posibilidades da expresión escénica ata algúns dos seus límites. Movido por unha vocación formal universalista as súas linguaxes vincúlanse coas correntes teatrais máis anovadoras dos anos oitenta e noventa, tanto no relativo ao desenvolvemento dunha complexa dimensión plástica impulsada polo teatro de obxectos, como ao estreito diálogo entre actuación e realidade, finximento e verdade, levado a cabo no seu traballo en solitario. Isto permitiulle adquirir pronto unha proxección nos festivais internacionais, o que lle converte nun dos nomes arxentinos mellor coñecidos na escena mundial, aínda que a súa produción pode entenderse tamén como unha amarga reflexión sobre a historia última e a idiosincrasia da Arxentina.

www.produccionesoff.com

Vídeo facebook.com

 



22'30 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: CÍA IO
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Contiguo
DURACIÓN: 55 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección: Natalia Outeiro
Elenco: Alvaro Pérez, Álvaro Reboredo ‘Fitinho’
Coreografía: Paula Quintas
Música e composición: María Move
Vestiario: Etelier Efímero
Escenografía: Teresa Gutiérrez
Iluminación: Laura Iturralde

SINOPSE
Poesía do corpo e os propios límites. O risco de darse a coñecer e sobrepasar o medo a perderte nalguén. Reinventarse unha e outra vez a través dos demais. O destino únenos, a historia escribímola nós. Un espectáculo sensitivo, poético e dinámico. Unha investigación da linguaxe espacial e corporal que crea un universo único para expresarse.

A COMPAÑÍA
IO nace a finais de 2013 coa unión do galego Álvaro Reboredo e o sevillano Álvaro Pérez. Contiguo é
o resultado da fusión da súa experiencia e as súas habilidades. Previamente coincidiran na Escola Carampa de Madrid, onde ambos se formaron inicialmente, tendo tanto un como outro distintos proxectos por separado.

Premio Circada Off 2017
Premio Jaén paraíso Interior 2017

www.companiaio.com

Vídeo youtu.be/Jl8hEkTki8I

an