me
xo
ve
sa
do

MÉRCORES 23

20'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: EUROSCENA (SALVADOR COLLADO)
PROCEDENCIA: MADRID
ESPECTÁCULO: La voz dormida
DURACIÓN: 75 min.

www.euroscena.es
Vídeo
La voz dormida


FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Intérprete: Laura Toledo
Dirección: Julián Fuentes Reta
Produción: Salvador Collado

Música: Luis Paniagua
Iluminación: Joseph Mercurio
Adaptación texto: Cayetana Cabezas

SINOPSE
LA VOZ DORMIDA nace da man da escritora española Dulce Chacón. Baseada na posguerra española, un grupo de mulleres presas na madrileña prisión de Ventas, levantan a bandeira da dignidade e a coraxe, como única arma posible para enfrontarse á humillación, á tortura e á morte. Como ben di a súa autora, “ é unha historia en tempos de silencio, onde relata o sufrimento de aquelas mulleres que erderon unha guerra e a agonía que vivían sen coñecer cal sería o seu final”.
A obra está documentada en historias reais, a autora suavizou algunha delas e introduciu novos matices.
A obra está inspirada en Pepita Patiño e na súa historia de amor e medo.

A COMPAÑÍA
EUROSCENA é o resultado de máis de trinta anos de traballo. O seu director, Salvador Collado, é recoñecido pola súa traxectoria teatral, procede dunha familia cunha historia fundamental na produción e promoción do teatro español contemporáneo.
Entre 1973-1974 participa na programación do Teatro Benavente de Madrid (Premio á Mellor Programación do ano). Posteriormente realiza unha xira en Hispanoamérica e á súa volta realiza producións coa programación do Teatro Arlequín de Madrid. Produce e dirixe así mesmo Frederik. En 1989 leva a programación de Valle Inclán Las galas del difunto y la hija del capitán en Hispanoamérica. En 1979 produce La gata sobre el tejado de zinc caliente, Postdata, tu gato a muerto, Salvar a los delfines y El hombre del atardecer.