me
xo
ve
sa
do

VENRES 25

19'00 RÚA
COMPAÑÍA: TRESPERTÉ CIRCO TEATRO
PROCEDENCIA: ANDALUCÍA
ESPECTÁCULO: Oopart
DURACIÓN: 50 min.

www.tresperte.com
Vídeo Oopart

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autor: Antonio J. Gómez e Cía. Tresperté
Dirección e creación: Antonio J. Gómez
Intérpretes: Carmine Piccolo, Luis Ayuso, Claudia Ortiz e Paco Caravaca
Deseño de Iluminación: Almudena Oneto
Produción: Cía. Tresperté
Escenograía: Carlos Monzón e En Ascuas Forja
Vestiario: Laura León


SINOPSE
O xentío agarda expectante para ve-la sorpresa que lles deparará o trebello mecánico-temporal situado ante os seus ollos. Nada é o que parece nesta aventura a través do tempo. Unha peculiar tripulación recentemente chegada dunha viaxe a través do tempo, aterra ante os nosos ollos e preséntanos a gran oportunidade de facer viaxes no tempo, iso si, por un módico prezo.

Para iso farán gala dos seus mellores reclamos e os seus asombrosos números circenses. Pero hoxe non é un dia calquera na súa rutina.

A COMPAÑÍA
Creada no 2011 en Granada, nace como un trío acrobático ao que logo se une un cuarto intérprete. Entón comézase a xestar o que será o seu primeiro espectáculo Aquí sobra uno que será estreado no 2013 en Cáceres. Pronto chegan os recoñecementos con premios como “Tafalla va de calle” en Navarra, Premio Granajoven, Premio Gianni Damiano (Italia), 2º Premio no Festival de Artistas de Rúa en Francia, entre outros.

No 2014 coñecen a técnica da báscula, coa que comezan a adestrar de modo autodidacta para continuar de formarse en Bélxica. Esta técnica, xunto cos portes e o clown, son o seu motor en escea, o levaráos a crear en 2016 Oopart, co que se converten nunha das compañías circenses máis importantes do circo español. Este espectáculo levounos por toda Europa e no 2016 foi o máis galardoado nos premios PACA (Mellor Espectáculo de Rúa, Mellor Escenografía, Mellor Vestiario e Mellor Iluminación.

 



21'00 UNIVERSIDADE
COMPAÑÍA: ARTESA
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Chola a it girl
DURACIÓN: 75 min.

www.artesacia.com
Vídeo Chola a it girl

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Direción: Laura Villaverde
Intérprete: Laura Villaverde
Idea orixinal: Laura Villaverde
Música: Lucía Martínez
Vestiario: Carmen Carrera
Escenografía: José Villaverde
Movimiento escénico: Fran Martínez

SINOPSE
Debido á repercusión mediática que Chola ten coa súa canle de Youtube é contratada por un teatro para realizar o seu primeiro titorial en directo, no que revelará en dez sinxelos pasos como converterse nunha verdadeira It Girl rectificada: o rural e o auténtico tamén poden ser tendencia. Pero unha inesperada chamada telefónica durante o espectáculo desencadeará un conflito para Chola, no que terá que confesar a súa faceta tanatoestética máis oculta, evidenciando a súa imperfección e humanidade, adxectivos nos que radica o seu éxito.

A COMPAÑÍA
Integrada por Laura Villaverde e Roi Fernández. Os seus integrantes teñen un amplio currículo no marco escénico e artístico en xeral, participando en encontros escénicos internacionais en Edimburgo (Escocia, UK), Mostra Internacional de teatro de Ribadavia (España), The Kitchen (NYC, USA), the Dance Theatre Workshop (NYC, USA), e o recente encontro de teatristas experimentais iberoamericanos en San Juan (Puerto Rico), e a Xira por Colombia, onde se  representou o espectáculo Uvas de collón de ghalo.