me
xo
ve
sa
do

SÁBADO 26

20'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: VOADORA
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Hemos venido a darlo todo
DURACIÓN: 75 min.

www.voadora.es
Vídeo Hemos venido a darlo todo

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección: Marta Pazos
Dramaturxia: Fernando Epelde e Voadora
En escena: José Díaz, Fernando Epelde, Hugo Torres, Marta Pazos
Música: José Díaz, Fernando Epelde, Hugo Torres
Iluminación: Nuno Meira
Escenografía: Carmen Triñanes
Vestiario: Fany Bello

SINOPSE
HEMOS VENIDO A DARLO TODO é unha celebración conxunta, unha comunicación entre o artista e o público, un pacto coa experiencia máis intensa.
Durante 12 anos e 15 producións, os espectadores acompañáronnos e compartiron con nós experiencias teatrais de todo tipo. Pero nunca como ata agora, ata esta peza, foron tan protagonistas.

HEMOS VENIDO A DARLO TODO é un compromiso co teatro que se sente aquí e agora, máis que co que se pensa. Esta vez, a música é o punto de partida, é a orixe e o motor do espectáculo. Música en directo. Música electrónica composta a partir dos temas e sons que o home mandou ó espazo en 1977 nun disco de ouro a bordo das sondas Voyager.

Concibimos un espectáculo híbrido, un concerto cruzado polo teatro, unha ópera visual que contén a súa dramaturxia nas letras das cancións. Nelas falamos dos feitos que se converten en acontecementos, en epifanías. Falamos das vidas excepcionais e das vidas anónimas. Falamos da busca da singularidade como especie nun universo infinito e de preservar esa singularidade. Falamos da busca da inmortalidade a través da arte e da ciencia. Falamos da casualidade como motor da Historia e das vidas. HEMOS VENIDO A DARLO TODO  é, en definitiva, un campo de miñas. Calquera cousa pode pasar.

A COMPAÑÍA
VOADORA leva dende o ano 2007 pondo os medios para que suceda o imposible.
Cun equipo formado por tres artistas complementarios de diferentes disciplinas (artes plásticas, música e escena), a compañía sorteou as trampas da periferia converténdoas en virtudes e semella atoparse nun permanente estado de crecemento, sumida sempre nunha busca constante de novos horizontes que a fixeron deslizarse por todos os lados da creación contemporánea sen perder nunca as súas señas.
Voadora traballou dentro e fóra das nosas fronteiras en formatos reducidos, xigantes, montaxes colectivas de índole social, adaptacións contemporáneas de textos clásicos, novas dramaturxias musicais... e un largo etcétera de incursións en xéneros nos que deixou sempre a súa pegada.