me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
19
20
21
22

MÉRCORES 14

19'00 BARBADÁS. CEIP FILOMENA DATO
COMPAÑÍA: MONO HABITADO
PROCEDENCIA: PAÍS VASCO
ESPECTÁCULO: Primatium, un tropezo na carreira espacial
DURACIÓN: 50 min.

www.elmonohabitado.com
Vídeo
Primatum

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autoría: creación colectiva
Elenco: Begoña Martín treviño, Raúl Camino
Construción naves: estenitek
Acabado naves: Tomás y Candela
Deseño e efectos de maquillaxe: Gorka Aguirre
Makeup: fx estudio
Fotografía: Juan Ignacio llana / la caja gris
Deseño gráfico: Makondo

SINOPSE
Neste espectáculo sen texto dúas naves interestelares circulan polas rúas sorprendendo aos viandantes. Prodúcese un choque e en plena discusión descóbrese que un dos astronautas é un simio. Unha visión re-evolucionaria en clave de humor da carreira espacial que poñerá en dúbida as teorías de Darwin. Será difícil saber quen é a evolución de quen… Unha comedia espacial na que o público se converte en cómplice destes inxenuos viaxeiros do espazo-tempo. Un aloucado encontro galáctico de individuos diferentes. Partindo do humor faise unha homenaxe ás series, cómics e películas de ciencia ficción que alá polo anos 70 nos amosaban como ía a ser o futuro. A primeira referenciua evidente é O planeta dos simios, pero tamén están Viaxe á lúa ou Encontros na terceira fase. O resultado é unha comedia espacial, un aluado pic-nic galáctico, no que o público sentirase cómplice coa inxenuidade destes viaxeiros do espazo e do tempo.

A COMPAÑÍA
O MONO HABITADO é un ser antropomorfo que utiliza o humor, o absurdo e a representación simbólica da realidade. Este animal social busca o contacto coa manada para compartir o seu imaxinario e a súa
particular visión do mundo. O Mono Habitado, compañía formada por Begoña Martín Treviño e Raúl Camiño. Ambos levan as artes escénicas no seu ADN; a súa dilatada traxectoria enriqueceu a Zanguango Teatro e Peixe Limbo con obras inesquecibles como Tocata e Fuga e Espinazo ou callos. “A nosa maneira de traballar caracterízase por abordar temas sociais desde a perspectiva do humor, tratando de conxugar contido e desfrute”.