me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
19
20
21
22

VENRES 16

21'00 BARBADÁS. CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA
COMPAÑÍA: CÁMARA NEGRA
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Si esto es un hombre
DURACIÓN: 90 min.

www.camaranegra.org
Vídeo Si esto es un hombre

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
A partir da obra de Primo Levi
Tradución: Pilar Gómez Bedate
Proxecto teatral: Carlos Álvarez-Ossorio
Dramaturxia, dirección e interpretación: Carlos Álvarez-Ossorio,
Juan José Villanueva
Asesor de alemán e de corpo: Alfonso Hierro-Delgado
Iluminación e técnica: Violeta Martínez
Fotografías: Álvaro Rodríguez Galán
Comunicación: Fátima R. Varela
Gravación vídeo: Miguel Angel Oliveirais
Barítono: Pablo Nieves
Gravación sonora: Xoán Escudeiro


SINOPSE
“Vós que vivides seguros
nos vosos cálidos fogares
vós que vos atopades ao volver pola tarde
a comida quente e os rostros amigos
considerade se isto é un home
chegamos ao fondo
unha condición humana
máis miserable non existe
non temos nada noso
quitarannos ata o nome”

En 1944, Primo Levi foi deportado a Auschwitz. Tiña 24 anos. Durante a súa estancia no campo, empezou a escribir Se isto é un home, o relato dos dez meses que estivo prisioneiro.
En 2020 (76 anos despois), un actor entra nun escenario e enfróntase ao reto de revivir a experiencia de Levi, para tentar así comprender (se é que é posible) que foi Auschwitz e que supón para nós, espectadores do século XXI, que existise ese lugar en plena Europa de mediados do século
pasado.
Unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano e do noso mundo contemporáneo.

A COMPAÑÍA
CÁMARA NEGRA. Abrir a caixa negra, deixar o escenario baleiro (como fixese primeiro Meyerhold, e logo outros como Grotowski e Brook), é un símbolo da loita por liberar ao teatro de todo o superfluo. Cámara Negra, compañía fundada en 1996 polo seu director Carlos Álvarez-Ossorio, toma de aí o seu nome, desa procura que comparte, dese compromiso austero co feito teatral.
Desde a súa fundación, a compañía montou textos de Shakespeare, Chejov, Ou’Neill, Müller, Ibsen, Koltés ou Dostoievski, sempre desde un compromiso claro co teatro contemporáneo. As súas montaxes viaxaron ao longo de todo o territorio español, ademais de actuar en Cuba, Francia e Alemaña, recibindo polo seu traballo numerosos premios, entre os que caben destacar un Premio da ADE (Asociación de Directores de Escena de España), un Premio Pano Chivas e un Premio MAX.



19'00 h. CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL
INSCRICIÓNS: fitoourense@yahoo.es
COMPAÑÍA: TEATRO BAIXO A AREA
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Poeta en Nova York 2.0
DURACIÓN: 70 min.

Vídeo Poeta en Nova York

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autor: Federico García Lorca
Dramaturxia e dirección: Paloma Lugilde
Elenco: Lorca/Forma: María Roja. Lorca/Traxe: Sergio Zearreta. Lorca/Cinza: Sabela Eiriz
Poemas musicados: Sergio Zearreta
Luz e son: Alfredo Sarille e David Regueiro
Deseño de espazos: Paloma Lugilde
Tradución poemario: Xoán C.Laxe
Deseño gráfico e redes: Sabela Eiriz
Fotografía: Mario García Herradón, Marcos López, Adra Pallón
Vídeo: Luis Antonio Barajas, Escola de Imaxe e Son de Lugo
Tradución dramaturxia e asesoramento lingüístico: Rosa Moledo
Asistente de produción: Oscar Lago
Realización vestiario: Maite

SINOPSE
Presentamos unha adaptación teatral de Poeta en Nova York de Federico García Lorca, unha obra permanentemente moderna e de irremediable actualidade, nunha proposta escénica contemporánea, abordando as temáticas e os conceptos presentes no poemario dende a experimentación e a honestidade. Viaxar con Lorca por un Nova York nada lonxano ós temas actuais da nosa sociedade, vinculándoos coa nosa realidade actual e recollendo o seu labor de denuncia dende o noso compromiso social.
O espacio escénico desenvólvese en 360 grados co público no escenario que respira cos actores e actrices.
Esta viaxe farémola principalmente a través de tres personaxes que desembocan no propio Lorca. Dende un faiado en Granada ata unha azotea de Nova York.
TRAXE: Cada un de nós amosa varias máscaras ou traxes para poder afrontar a realidade, axúdannos a ocultarnos, a enganarnos, a facilitarnos a priori a existencia... pero esa máscara a veces pódenos afogar. FORMA: Cada un de nós busca a súa verdadeira forma, a súa verdadeira identidade, pero... canto máis a busca decátase de que está máis preto do que esperaba.
CINZA: Para poder atopar a nosa propia identidade, moitas veces é preciso perderse, atravesar infernos, queimarse e converterse en cinza, para despois cal ave fénix rexurdir con forza.
ESPIDO: É a forma pura, onde podemos ser nós mesmos, sen aparencias, sen medos.