me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
19
20
21
22

SÁBADO 17

20'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: ELEFANTE ELEGANTE
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Dreaming Juliet
DURACIÓN: 70 min.

www.elefanteelegante.net
Vídeo Dreaming Juliet

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Creación: Gonçalo Guerreiro
Dirección artística: María Torres e Gonçalo Guerreiro
Dirección de actores: Pablo Sánchez
Elenco: María Torres, Gonçalo Guerreiro, Marta Alonso, Nacho Martín, Miguel Paz
Escenografía: Gonçalo Guerreiro
Estructura escenográfica: Carolo Losada
Musica orixinal: Miguel Paz, Gonçalo Guerreiro, Nacho Martín
Textos: William Shakespeare e María Torres
Tradución: María Torres
Vestiario: Diego Valeiras
Iluminación: Germán Gundín
Atrezzo e Deseño Gráfico: Carolina Díguele

SINOPSE
O novo espectáculo do Elefante Elegante para público adulto, inspírase en Romeo e Xulieta de William Shakespeare para abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: O Amor. Cunha
linguaxe visual asentada no teatro de movemento, na música interpretada en directo e na danza,
DREAMING JULIET crea unha poética universal da paixón.
Na peza do dramaturgo inglés os seus protagonistas viven un amor prohibido e idealizado, condenado
pola familia de ambos. A súa intensa relación ten unha curta duración e un funesto final. Mais imaxinemos que Romeo e Xulieta non tivesen morrido e que o principal obstáculo á sua relación
non fose a oposición das súas familias senón as adversidades das rutinas do mundo contemporáneo.
Cales serían os soños de Xulieta? En que tipo de home se transformaría Romeo? Que
lugar nas súas vidas ficaría disponible para o amor?

A COMPAÑÍA
ELEFANTE ELEGANTE. A compañía, de orixe galega-portuguesa, foi creada por María Torres e Gonçalo Guerreiro no ano 2000. Residiron os primeiros anos en Bélxica ata que se instalaron en Galicia en 2007.
O Elefante Elegante comezou como un proxecto experimental do que formaban parte actrices e actores de diferentes países europeos. A súa interpretación baseábase no xogo corporal e na súa relación co espazo. Estes anos de experimentación foron fundamentais para establecer as bases do traballo actual da compañía.
O obxectivo principal continua sendo o de desenvolver unha linguaxe teatral propia que permita abordar as cuestións sociais, existenciais e ambientais que determinan a vivencia humana.
O rigor do traballo do Elefante Elegante foi recoñecido con varios premios María Casares.

 


21'00 BARBADÁS. CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA
COMPAÑÍA:
VACABURRA
PROCEDENCIA: GALICIA ESPECTÁCULO: O raro é que bailar sexa raro
DURACIÓN:
50 min.

Vídeo O raro é que bailar sexa raro
ESTREA

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Creación e coreografía: Andrea Quintana
Dirección e dramaturxia: Gena Baamonde e Andrea Quintana
Espazo sonoro: Davide González e Andrea Quintana
Vestiario: Saturna
Imaxen Gráfica e fotografia: 6ollos
Produción Executiva: Manu Lago / Galicia danza contemporánea
Produción: Vacaburra
Distribución: Vacaburra–Andrea Quintana e Galicia danza contemporáneaManu Lago
Colaboran: Colectivo RPM, Salón TeatroCentro Dramatico Galego
SINOPSE
Isto vai de ir de cámping ao teu corpo, de montar unha festa no interior. De escoitar o fluxo do sangue. Bailar dende aí, cos xeonllos flexibles, accesibles. De mover o aire, desordenalo todo e seguir bailando.
De facerse residente do teu corpo, de estar e deixar de estar á vez. De permanecer no tránsito e ocupar ese espazo. Isto vai de bailar bailando.
Esta bailarina non ten trucos de maxia preparados. O seu material coreográfico é basto e ás veces incompresible, fracasa nos xiros coa perna esquerda. Esta bailarina nunca quixo ser Giselle.
Con todas nós:
un corpo en rebelión, atravesado,
sublevado,
a bailarina non normativa,
a bailarina faquir,
a taumaturga,
a subalterna.
Esta é unha peza autobiográfica sen biografía, unha lea de identidades, un trampantojo dramatúrxico. Unha peza participada na que ninguén participa.


A COMPAÑÍA
ANDREA QUINTANA. A peza que se estrea no Fito é o resultado das sumas de sinerxias creativas entre Andrea Quintana, Gena Bahamonde e Cristina Cotelo.