me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
19
20
21
22

DOMINGO 18

20'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: MATARILE
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: O Diaño na praia
DURACIÓN: 70 min.

www.matarileteatro.net
Vídeo
O Diaño na praia

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección: Ana Vallés
Elenco: Celeste González, Claudia Faci
Textos: Ana Vallés, Celeste González, Claudia Faci
Iluminación: Baltasar Patiño, Miguel Muñoz
Espazo escénico: Baltasar Patiño
Vídeo proxeccións: Matarile
Vestiario: Matarile, Naftalina
Fotografía: Rubén Vilanova
Soporte técnico e loxística:: RTA
Asitencia técnica en xira: Miguel Muñoz

SINOPSE
No principio foi o caos.
Despois, con Celeste e Claudia, C e C, chegaron as tentacións.
O (re)coñecemento de Celeste e a fantasía de Claudia.
Di Roy Andersson que o plano xeral, o espazo que rodea a unha persoa, di máis dela que o seu propio rostro.
Como consideraremos aquí o corpo, como primeiro plano que acompaña ao rostro e conforma o prexuízo dun estereotipo? Ou como parte do plano xeral que define unha forma de estar e habitar?
O diaño paseándose en bicicleta polas rúas baleiras, como anxo custodio sen corpo que acompañar.
O errante que se equivoca e o errante que vaga sen sentido.
Reunir a Claudia e a Celeste é como convocar ao anxo e ao demo, sen tentar definir quen é que, quen é quen, ou en que momento son intercambiables.

A COMPAÑÍA
MATARILE. Os seus directores artísticos, Ana Vallés e Baltasar Patiño, fundan a compañía no ano 1986 en Compostela, onde tamén son promotores de espazos de exhibición para a creación contemporánea:
En 1993 e ata 2008 crean e xestionan o Teatro Galán, espazo destinado á programación e difusión do teatro e a danza contemporánea en Galicia. Entre 1993 e 2005, o Teatro Galán foi destinado á programación e creación, con máis de 1.300 actuacións realizadas. E de 2005 a 2008 destínase á creación e residencias artísticas.
De 1995 a 2007 impulsan o Festival Internacional de Danza en espazos urbanos En Pé de Pedra.
En 2017 crean o espazo permanente de exhibición, a Sala Montiel, independente de Orzamentos e Normativas Oficiais. Puxeron en escena máis de 30 espectáculos, incontables performances, e propostas en formanto concerto, cos que obtiveron máis de vinte premios e mencións en distintos puntos de España.