me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
19
20
21
22

VENRES 23

20'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: BUTACA ZERO
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Despois das ondas
DURACIÓN: 70 min.

www.butacazero.net
Vídeo Despois das ondas

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
En escena: Belén Constenla, Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Roi Fernández, Beatriz de Vega, Ernesto Is
Espacio escénico: Xavier Castiñeira e Beatriz de Vega
Taller e construción: José Faro “Coti”
Vestiario: Carlos Pinilla
Iluminación: Javier Quintana
Cinema en directo: Roi Fernández (Sr. Pausa Cinescapismo)
Dramaturxia: Ernesto Is
Guión adaptado: Xavier Castiñeira e Ernesto Is
Deseño gráfico: Esmera Marketing Dixital e Alltogether Desing
Produción: Esther F. Carrodeguas
Axudante dirección: Ernesto Is
Dirección: Xavier Castiñeira

SINOPSE
Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, María
Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral.
A nena medrou para converterse na gran actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España
refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María?
Nesta peza mesturando cine en directo, teatro e música poderemos percorrer os lugares e momentos
da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.

A COMPAÑÍA
BUTACA ZERO é a plataforma creativa de Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira. Propoñemos un teatro que dialoga directamente co mundo actual: un teatro necesario.
A investigación e a reflexión dende un ollar crítico e irónico son as claves que definen as nosas propostas que se concretan en dramaturxias feitas á medida nas que a tradición teatral se mestura coas posibilidades que ofrece a linguaxe audiovisual en escena.