me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
19
20
21
22

SÁBADO 24

20'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: BEVOLA-IACOBELLI
PROCEDENCIA: CHILE / BÉLXICA
ESPECTÁCULO: Chaika
DURACIÓN: 60 min.

www.belova-iacobelli.com
Vídeo Chaika

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección escénica: Natacha Belova e Tita Iacobelli
Reparto: Tita Iacobelli
Iluminación: Christian Halkin e Franco Peñaloza
Son/Música: Simón González
Produción: Cía. Belova-Iacobelli
Asesoría Dramatúxica: Rodrigo Gijón
Lugar e data da estrea: Bruxelas, enero 2019

SINOPSE
“... prepárese para unha viaxe dunha hora, ao bordo dun personaxe mítico e da paranoia. Unha inmersión na inevitable vida múltiple dunha grande actriz e na súa actuación como “posuída” de quen a encarna. Isto xa non é unha peza de teatro senón unha fervenza de espellos, unha infinita posta en escena cara ao abismo: unha vella actriz, no ocaso da súa profesión, renova a súa carreira en forma de monicreque, de tamaño real, que non é outro que a vella, dobre da actriz que a manipula mentres xoga”.

A COMPAÑÍA
Natacha Belova, historiadora de formación, naceu en Rusia e vive en Bélxica desde 1995. Nos seus inicios distinguiuse como deseñadora de vestiario en redes de artes escénicas de Bélxica e no estranxeiro. Logo especialízase na arte das marionetas. Desenvolve moitos proxectos relacionados co teatro, pero tamén no campo da danza, o circo, o cinema e a ópera.
En novembro de 2017, realizou a súa primeira dirección, Passeggeri da compañía A Barca dei Matti no IF/Festival Internacional de Teatro dei Immagini e Figura – Milán, Italia.
En 2016 fundou o seu propio centro de investigación e capacitación chamado IFO Asbl, en Bruxelas.
Tita Iacobelli Delpiano é titulada da Universidade Finis Terrae, en Chile. Comezou o seu percorrido artístico o 2001. En 2003 obtivo o premio á mellor actriz no festival de Novos Directores.
Traballa desde 2005 na compañía de teatro e marionetas Viajeinmóvil xunto a Jaime Lorca, como actriz, codirectora marionetista e profesora en workshops de animación de marioneta. Con obras como Gulliver (2006) e Otelo (2012) entre outras, percorre diversos escenarios de América e Europa.