O FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE (FITO) quere ser plataforma e dar visibilidade a un dos proxectos máis anovadores que este ano 2021 púxose en marcha na provin- cia de Ourense e do que a coreógrafa NURIA SOTELO é responsable: A CASA VELLA, como novo espazo de creación e acción social no rural, para a promoción da investigación e formación artísti- ca, o uso creativo e saudable do corpo, o respecto polo medio natural e a posta en valor dos seus recursos endóxenos e o patrimonio cultural inmaterial.

O proxecto A Casa Vella, a materialización dun soño; é un espazo para a conexión, a relación e a reunión, favorecendo a relación entre o rural e o urbano, entre a arte, os corpos e os ecosistemas natural e social.

Tres eixos interrelacionados entre si son a base do proxecto: creación artística, acción social no rural e o mantemento e posta en valor do patrimonio cultural inmaterial ligado ao agro. A creación artística céntrase no corpo e nas artes do movemento e nas súas implicacións no benestar físico, social e afectivo. A acción social pon o seu foco na promoción da igualdade e posta en valor da diversidade a través de actividades e accións artísticas con mulleres, nenos/as, familias e a co-mu- nidade no medio rural.

A Casa Vella é a materialización dun soño proxectado durante anos. É un proxecto empresarial e un proxecto de vida onde poder conxugar a danza, a arte, a natureza, co desexo dun rural vivo no que se atenda ás persoas e a súa diversidade.

Patrimonio cultural inmaterial da terra artéllanse ao redor dos costumes, festas, cantos e danzas e das labores agrícolas e de procesado e conserva-ción tradicional dos produtos endóxenos; buscan- do espazos de encontro comunitario e de relación, coñecemento e recoñecemento entre o rural e o urbano.

O proxecto está impulsado por Nuria Sotelo (veterinaria conversa, coreógrafa, bailarina, directora de escena, docente no eido do movemento e traballadora no ámbito social das artes) e Rubén Vilanova (profesional relacionado cos coidados e a arte, fotógrafo e traballador cultural no ámbito rural).