xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
18
19

XOVES 14

20'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: VIEJAS PROMESAS
PROCEDENCIA: MADRID
ESPECTÁCULO: Katana
DURACIÓN: 50 min.


Vídeo
Katana

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Elenco: Jorge Monje, Mario Sánchez e Alba Loureiro
Autor: Paco Gámez
Dirección: Pedro Casas
Deseño de escenografía: Mónica Florensa
Deseño de vestiario: Mónica Florensa
Deseño de iluminación: Rubén García de Casero
Axudante de escenografía e vestiario: Elisa Olalla
Técnico: Rubén García de Casero
Produción: Viejas Promesas (Mario Sánchez e Jorge Monje)
Produción executiva: Alicia Merino

SINOPSE
Era unha familia normal", "non notei nada raro", "eran moi amables".
Cantas veces escoitamos estas frases nun informativo? Cantas máis as escoitaremos?

O Crime da Katana foi, sen dúbida, un dos que marcan unha xeneración: un neno mata o seu pai, nai e irmá. Mesturaba, á parte, elementos que a día de hoxe de tan normalizados nos parecen ridículos: xogos de rol, chats, videoconsolas.
O seguimento que se fixo por parte da prensa foi exhaustivo e por suposto non se chegou a
ningunha conclusión razonable. Por que habería de habela?
Ás veces o horror faise presente, non ten sentido, non é disculpable, non é nada que non sexa
o que é. Ás veces hai preguntas que é mellor non formular.
KATANA é unha reflexión sobre a maldade, sobre a fascinación e a obsesión por dotar de sentido aquilo que non o ten.
KATANA xira ao redor do asasinato perpetrado por un neno, por un menor, por un ser inocente. Estamos afeitos a contrapoñer a inocencia fronte á crueldade, aínda así, a inocencia pode ser terrible, caprichosa, egoísta e terriblemente cruenta. KATANA é unha historia sobre o medo, o que motiva os actos máis terribles e o que sentimos ao escoitalos. Medo a que nos suceda pero tamén medo a que o irracional motor do horror se apodere de nós. É o outro lado do medo.

A COMPAÑÍA
Fundada por Jorge Monje e Mario Sánchez, Viejas promesas nace dunha débeda dos seus compoñentes co acto escénico.: “Dun descoido polo que perdimos o rumbo, dunha necesidade de volver á orixe, a perder o tempo en cousas que igual non son necesarias pero, sen dúbida, merecen a pena.
E con esta intención, a de saldar as nosas contas, reunimos un equipo heteroxéneo de xente coa mesma fame e desexo que nós: Contar.
Contar, iso sí, algo que mereza a pena. Que nos transforme a nós e que, de ser posible, xenere preguntas no receptor último da nosa loucura: o público.
Queremos, en definitiva, saber que somos...”