xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
18
19

SÁBADO 16

12'30 ALAMEDA E CONTORNO DA PRAZA DE ABASTOS
COMPAÑÍA: BOCA DE CÃO
PROCEDENCIA: PORTUGAL
ESPECTÁCULO: Agostinho e Felicidade
DURACIÓN: 50 min.

www.bocadecao.pt
Vídeo
Agostinho e Felicidade

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Creación e interpretación: Hugo Ribeiro, Muni Joana Domingos


SINOPSE
Agostinho e Felicidade, unha parella de vellos ben castizos e especiais parten da súa benquerida aldea estimada cargados coa colleita de flores e plantas medicinais. Estes vendedores ambulantes andan de terra en terra a cambiar o que apañan polo que precisar, e polo camiño van atopando e interactuando co público de forma inesperada, transmitindo tenrura, sabedoría e esperanza. A través de improvisación e do traballo de marionetas que se funden co actor, estes personaxes itinerantes disparan o riso de nenos e maiores, espertan moitos sorrisos de bebés aos máis velhinhos, despertando antigas memorias, e creando novas historias na vida de quen con eles ten o pracer de se cruzar.

A COMPAÑÍA
A Boca de Cão - Teatro de Rúa/Rúa e Formas Animadas xorde do amor ás artes plásticas e ao teatro de rúa, iniciando o seu percorrido co espectáculo de marionetas humanas Agostinho e Felicidade en 2013. Despois do seu éxito, que os leva a numerosos festivais europeos con creacións específicas para a rúa e de desenvolver un universo propio de fusión da estética tradicional coa contemporaneidade, Hugo Ribeiro e Muni Joana Domingos fundan a compañía en 2015, no Festival Mar Marionetas de Espiño onde estrean os espectáculos Alforria en 2016, Toque de Caixa en 2017 e A Fonte en 2018, unha co-creación con Anymamundy e encenação de Tommy Luther. Alén das formas animadas, desenvolven desde 2010 creacións plásticas, instalacións e performances para o espazo público, e colaboran con varias compañías de teatro, marionetas e circo, no deseño e construción de escenografía, atrezzo, marionetas e interpretación, tales como Teatro do Frío, PEL, Radar 360o, Herba Dañina, Nube Voadora, Teatro e Marionetas de Mandrágora, Comedias do Miño, Albergarche, entre outras.



20'00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: ARTESACÍA
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: As illas desertas
DURACIÓN: 70 min.

www.artesacia.com
Vídeo
As illas desertas

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autor/a: Laura Villaverde e Roi Fernández
Dirección: Artesacía
Elenco: Laura Villaverde, Roi Fernández, Héctor Pazos e Susana Méndez
Escenografía: Artesacia
Vestiario e caracterización: Esther Quintas
Música: Héctor Pazos
Son: Héctor Pazos e Susana Méndez
Iluminación: Héctor Pazos e Susana Méndez

SINOPSE
Illas desertas nace como resposta a un mundo competitivo que só sabe camiñar nunha única dirección: a de facernos produtivas. O espectáculo propón unha travesía cara á nada, ancorada na narrativa e na poesía audiovisual onde o público é parte activa da peza. Illas Desertas é unha experiencia inútil, unha viaxe cara á nada, un canto ao fracaso, unha conquista do inútil, unha viaxe interior. É habitar, abrir, reencontrarse con eses territorios ignotos que nos habitan interiormente e que buscan saír á boia cando a vida nos sacude, cando nace ese baleiro que o material non pode encher. Por que non roubarlle tempo á morte con esta aventura? A través do movemento, das voces en off, da realización de cinema en directo, da interpretación, do son, da poética dos obxectos, da construción de maquetas e do traballo con máscaras xéranse paisaxes escénicas cunha enorme carga poética, salpicados das experiencias e reflexións de dous aventureiros: a aviadora Amelia Earhart e o explorador Ernest Shackleton.

Illas Desertas conta co apoio de AGADIC, Compañía Fura dels Baus, Colectivo RP, Sala Ingrávida, Concello de Santiago e Teatro Rosalía de Castro da Coruña e Concello de Tui.

A COMPAÑÍA
ArtesaCíA é unha compañía que nace entre Galicia e Nova York. Os seus compoñentes, Roi Fernández o director e Laura Villaverde a actriz, ambos os dous formados artisticamente entre esas dúas terras, determinan introducir nunha artesa (ese espazo tradicional onde os alimentos collen un certo resaibo) a súa tradición, entusiasmo, sentimentos de desesperación, frustración cotiá e insatisfacción. A súa intención é condensalos nunha expresión trasformadora com oo Teatro, colmada de creatividade, imaxinación, enerxía e coñecemento. Algo que permita que o público se mobilice, utilice a imaxinación e poida facer todo tipo de asociacións.
Os seus integrantes teñen un amplo currículo no marco escénico e artístico en xeral, participando en encontros escénicos internacionais en Edimburgo (Escocia, UK), Mostra Internacional de teatro de Ribadavia (España), The Kitchen (NYC, USA), the Dance Theatre Workshop (NYC ,USA), ou o recente encontro de teatristas experimentais iberoamericanos en San Juan (PortoRico), onde se representou o seu espectáculo Uvas de collón de ghalo. É de destacar o continuo traballo da súa actriz principal, Laura Villaverde, nos workshops e procesos creativos da SITI Company de Nova York, dirixida pola soada directora Anne Bogart.



23'00 h. SALÓN DE TERTULIAS DO LICEO DE OURENSE
COMPAÑÍA: PAULA MALIK
PROCEDENCIA: COLOMBIA
ESPECTÁCULO: Banda animal
DURACIÓN: min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección e interpretación: Paula Malik
Asesoría Musical: Stéphane Pillet
Produción: Stéphane Pillet
Espectáculo creado en 2017, con máis de 80 funcións entre Colombia, Francia e España.
Espectáculo en residencia en xuño de 2018 en Francia, baixo a mirada de Christian Masas (AmedéeBricoló)

SINOPSE
O En escena, a recoñecida paiasa Paula Malik é “A Mestra Divarius” quen dirixe unha singular orquestra de 18 bonecos de plástico, integrado por elefantes, poliños ou porcos con quen logrará interpretar temas musicais que van desde Carmina Burana ata Julio Jaramillo. Este atrevido e cómico espectáculo busca sacar a animalidade dos asistentes convidándoos ao xogo e á imaxinación como un remedio infalible contra o tedio cotián. Desde a linguaxe do clown, esta paiasa narra as historias destes personaxes congregados na “banda de reinserción Zoo-cial” na que os animais maltratados, esquecidos ou en situación de risco, descobren o verdadeiro talento que dará sentido ás súas vidas. Sutilmente, a obra incorpora mensaxes con contido político, animalista e crítico do sistema, pero mantendo unha linguaxe absurda. Aínda que estes bonecos de plástico teñen unha pequena escala sonora cos seus asubíos, a Mestra Divarius logra sacar deles as súas historias máis intimas e traxicómicas, por exemplo, preséntanos a un golfiño rosado do Amazonas que se puxo amarelo pola contaminación. Un poliño equilibrista desempregado dun circo que se converte en dobre de cinema, e un reno que traballaba con Papá Noel, pero terminou decepcionado coa perda do espírito do Nadal.