xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
18
19

DOMINGO 17

19'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: FURIA SOTELO
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Mortais e vulnerables

Vídeo Métanse nos seus asuntos

ESTREA

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección e intérprete: Nuria Sotelo
Coreografía: Aitana Cordero, Ánxela Blanco, Alejandra Balboa, Clara Ferrao, Mónica García e Nuria Sotelo
Olladas externas: Avelina Pérez e Ana Vallés
Deseño de iluminación: Baltasar Patiño

SINOPSE
Mortais e vulnerables é o segundo solo de Nuria Sotelo. Despois de 11 anos da aparición do primeiro solo, Métanse nos seus asuntos, que marcou o comezo de Licenciada Sotelo, Mortais e vulnerables ven marcar a transformación en Furia Sotelo. Este solo de danza contén o paradoxo dende o seu plantexamento inicial, xa que xorde do desexo de encontro, da necesidade do encontro. Da vontade de continuar indagando na práctica da creación colectiva. Un corpo ao servizo das olladas de diferentes coreógrafas que acompañan o proceso de creación: Aitana Cordero, Ánxela Blanco, Alejandra Balboa, Mónica García e Clara Ferrao. Un corpo vulnerable; fráxil ante as olladas que o fortalecen. Un corpo que se constrúe a través das outras. E o sempre vívido desexo de bailar. O desexo de levar a cabo Mortais e vulnerables xorde antes da pandemia, como unha especie de premonición, adquirindo novos significados ante esta nova realidade.

A COMPAÑÍA
Nuria Sotelo, bailarina, coreógrafa, fundadora e directora artística da compañía de danza-teatro Licenciada Sotelo, docente no eido do movemento, traballadora no ámbito social das artes, impulsora e coordinadora do espazo de creación artística e acción social no rural A Casa Vella. Como intérprete traballa en compañías de danza e de teatro como son o Centro Coreográfico Galego, Femme Fatale, Experimentadanza, Teatro Resoante, Elefante Elegante, Aporía Teatro, Cía. Mikel Arístegui e dende 2013 forma parte do elenco habitual de Matarile Teatro. Os espectáculos de Licenciada Sotelo teñen sido apoiados pola AGADIC, O Festival ALT de Vigo, O Festival Escenas do Cambio, Corpo(a)Terra entre outros. E teñen participado en programacións e Festivais nacionais e internacionais. Ademais de dirixir os espectáculos de Licenciada Sotelo, realiza encargos e colaboracións puntuais como coreógrafa para diferentes artistas, compañías e eventos como a Gala de Entrega dos Premios da Cultura Galega17. En 2017 é premiada como coreógrafa pola obra Ensaio amor no Certame Coreográfico de Madrid e recibe o Premio de Interpretación Maruja Villanueva do Concello de Padrón. No eido social das artes, ten traballado en proxectos para a compañía5S ou o Festival Internacional de danza Deltebre Dança.