xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
18
19

XOVES 21

20'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Estrela do día
DURACIÓN: 85 min.

www.excentricas.net
Vídeo
Estrela do día

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dramaturxia: Quico Cadaval
Dirección: Marcos PTT Carballido
Elenco: Evaristo Calvo, Rocío González, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez
Espazo escénico e lumínico: Laura Iturralde
Vestiario: Uxía Vaello
Música: Nacho Muñoz
Deseño de son: Xurxo Piñeiro
Realización vestiario e atrezzo: Ezra Moreno
Xefe técnico: Octavio Mas
Maquinario e son: Pepe Quintela
Deseño gráfico: Alberto Guitián
Fotografía: Sabela Eiriz
Vídeo: Marghe Morello_ 16 Thunders
Xefe de produción: Rubén G. Pedrero
Axudante de dirección: Carlos Santiago

SINOPSE
Sabías que se conservan máis de 400 milagres de Santa María, en códices do século XIII... en galego? Sabías que a Divina Señora adquiría as formas máis sorprendentes para axudar ás persoas infelices que llo pedían? Sabías que nos tempos de medo e incerteza que estamos a vivir, hai millóns de persoas que siguen a pedir un milagre de María, a Estrela Matutina? Sabías que a maioría dos milagres da Señora serían hoxe condenados pola igrexa e perseguidos polo código penal? Para contar todas estas cousas, P.T. Excéntricas apresenta, ESTRELA DO DÍA, unha comedia divina, chea de cor, de música, de misterio e de humor. A palabra poética dos códices foxe do libro e encárnase na escena. As personaxes saen das miniaturas medievais e chegan aos nosos días da man e do talento de EVARISTO CALVO, ROCÍO GONZÁLEZ, VÍCTOR MOSQUEIRA e PATRICIA VÁZQUEZ. Estrela do día é unha experiencia para o público recuperar a fe no teatro, o único lugar onde o milagre aínda é posíbel.

A COMPAÑÍA
Producións Teatrais Excéntricas orienta os seus traballos ao territorio da comedia e da farsa, e investiga nos delicados mecanismos do humor. Serve de plataforma para as creacións de Mofa & Befa como Finis Mundi Circus, Sempre ao Lonxe, Cociña Económica, Cranios Privilexiados ou Shakespeare para Ignorantes. Tamén explora outras formas do humor máis sarcástico como en Obra, Un Cranio Furado, Oeste Solitario, Da Vinci Tiña Razón! e Os amores de Jacques o fatalista. E sirve como plataforma de creación dos espectáculos unipersoais de Quico Cadaval e os musicais de Piti Sanz. Excéntricas foi convidada a distintos festivais como Almada, Monterrey, FIOT, FETEGA, Ribadavia, SINGLOT, Cômico da Maia, Iberoamericano de Bogotá ou Almagro, festival que coproduciu Bobas & Galegas.
Producións Teatrais Excéntricas recibiou en 2017 o Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño ao Mérito nas Ártes Escénicas outorgado pola Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia..