xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
18
19

VENRES 22

21'0 h. PATIO DO CENTRO MESTRE VIDE, AS LAGOAS
COMPAÑÍA: IMAGINART TEATRO
PROCEDENCIA: CASTELA-LEÓN
ESPECTÁCULO: Senda sobre rodas
DURACIÓN: 55 min.

ESTREA EN GALICIA

www.teatroimaginart.com
Vídeo Senda sobre ruedas

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Elenco: Virginia Urdiales
Ilustración: Juanma Durán
Videomapping: Rodrigo Tamariz
Música: Rodrigo Tamariz
Escenografía: imaginart Teatro Videomaping
Xéneros: Clown e Videomapping
Público: Adulto
Tipo espectáculo: Circo

Premio Moretti 2019
Premio do espectador ao mellor espectáculo de Rúa Feira Ciudad Rodrigo 2020

SINOPSE
SENDA SOBRE RODAS é un espectáculo de clown e videomapping que se realiza no exterior dunha caravana. Trátase dun espectáculo para tódolos públicos que fala do amor polo mundo, do amor cara un mesmo. "Poesia, maxia e humor combínanse nesta ocasión para penetrarse nun propio camiño de emocións. Cada un seguindo a súa propia SENDA, como metáfora da vida, nunha fantástica e pasional viaxe, onde quizais, só quizais, caiba a espera / a desespera, a alegría / a tristeza e á súa vez, toda a melancolía, a risa e a doce torpeza do pallaso. Sexa como sexa, seguindo o seu propio camiño, seguindo a súa propia SENDA.

A COMPAÑÍA
ALAUDA. A compañía xorde por iniciativa de Rafael Benito, licenciado pola Escola de Arte Dramática de Madrid en 1984 e Isabel Sobrino titulada polo RCSM de Madrid en violoncelo.
En 1992 trasládanse a Salazar, Burgos, onde o seu labor teatral madura e producen máis de vinte e cinco montaxes teatrais, cursos de teatro e monicreques e interpretación para cantantes líricos. Desde o 2016 imparte os cursos Anima Madeira de talla e construción de marionetas.
En 1997 comezan a investigar e utilizar marionetas, sendo na actualidade, o monicreque, un elemento asiduo nas súas propostas, con vinte espectáculos de diferentes técnicas. Participaron en 141 festivais nacionais e internacionais, 43 no últimos tres anos.
Desde o ano 2012 organizan e dirixen o Festival de Monicreques das Merindades. No ano 2017 inaugúrase o Teatro A Realidade, un espazo cultural dedicado ás artes escénicas: teatro, monicreques danza e música.