xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
18
19

SÁBADO 23

20'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: MARTA ALONSO
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Bailar agora
DURACIÓN: 55 min.

www.martaalonsotejada.com
Vídeo Bailar agora

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección e interpretación: Marta Alonso Tejada
Creación: Marta Alonso Tejada, Victoria P. Miranda, Pablo Reboleiro Rama
Coreografía e movemento: Victoria P. Miranda
Asistencia de movemento: Sergio Perol
Deseño de iluminación e espazo escénico: Laura Iturralde
Espazo sonoro e música: Xabier Bértolo
Vestiario: Uxía P. Vaello
Atrezzo: Tócolo
Produción: Manu Lago, Galicia Danza Contemporánea
Audiovisuais: Ángel Sousa e Mila Ercoli
Deseño gráfico: Paulina Funes

SINOPSE
BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara un posicionamento no presente social e persoal a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e na emoción que estamos a compartir aquí e agora bailando. Danza, danza e máis danza, desde o humor, a graza. Vivir para a danza. A bailarina e creadora Marta Alonso presenta a súa propia historia na danza a través dunha nena que xoga e baila coa súa nai, dos seus primeiros movementos coa música dos anos 80 e 90, e o seu contacto co ballet clásico, finalizando esta viaxe na danza contemporánea, sen esquecer o sufrimento e dedicación que esixe esta disciplina. Bailar agora é un espectáculo moi xeneroso, cheo de sorpresas, e que quere situarnos no tempo actual, cunha linguaxe humorística e danza moi física, para vivir o aquí e o agora bailando

A COMPAÑÍA
Traballa no sector artístico desde o 2008, ano no que funda trasPediante. A traxectoria como creadora e intérprete de Marta Alonso Tejada (Ourense, 1983) e ́multidisciplinar e hiperactiva. A súa actividade artística traza desde o inicio unha ida e unha volta constante cara á danza e ao movemento que no percurso se achega ao teatro físico, a interpretación e ao circo. A danza, o humor, e a cercanía co público xeran nas súas creacións unha atmosfera particular do cotiá, do natural, do común e do esperanzador que se comparte na escena. Desde o 2010 crea e codirixe o Festival de danza e artes do corpo, corpo(a)terra. Marta tamén integra o colectivo Verticalia, que mestura danza contemporánea, circo, aéreos e danzas urbanas.
BAILAR AGORA
(Estreada en Outubro, 2020), é unha coprodución de Marta Alonso Tejada, trasPediante e o Centro Coreográfico Galego, Agadic - Xunta de Galicia. É unha produción de Marta Alonso Tejada (cía trasPediante) co Centro Coreográfico Galego, AGADIC, Xunta de Galicia..