xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
18
19

DOMINGO 24

20'00 TEATRO PRINCIPAL
67 GRAOS OURENSE Fervescénica

Ante o incremento palmario da precariedade do sector cultural na cidade de Ourense do que fala, entre outras medidas, a suspensión da programación do Auditorio municipal de Ourense e a retirada de apoios a iniciativas e citas consolidadas da cidade e o peche de equipamen- tos culturais de Ourense, o FITO pretende dar un paso adiante coa posta en marcha do proxecto 67 GRAOS, OURENSE FERVESCÉNICA.

Esta iniciativa nace coa filosofía de que o festival sexa facilitador entre artistas e creadores radicados ou vencellados coa cidade para dar voz e visibilidade aos seus traballos, que sexa esta unha plataforma que garanta e permita a transferencia de coñecemen- to e experiencias baixo os criterios que ás liñas de programación do FITO xa lle son propios.

O festival ten aberto un concurso de ideas no que creadores de diferentes ámbitos artísticos poderán postularse para ser os benefi- ciarios de cinco bolsas de creación cunha dotación económica de 300 € que facilite a creación de espectáculos a escala, preformances, pequenas pezas singulares que deberán ter como carta de natureza a contemporaneidade, a hibri- dación e diálogo entre xéneros e disciplinas, a transversalidade e o diálogo entre as diferentes artes vivas.

Unha comisión, allea á organización do festival, valorará estos proxectos e fará a selección daquelas que optarán as devanditas bolsas de creación. A seguinte fase deste proxecto ten que ver coa exhibición do proxectos seleccionados ante os espectadores, quenes serán os encargados de valorar todos eles e outorgar mediante os seus votos o Premio dos espectadores cunha dotación de 600 €.

• Activar o tecido cultural de base. Promover unha cidade viva. Visibilizar a cultura como unha cuestión transversal e unha preocupación cidadá (non exclusiva dos profesionais da cultura).

• Denunciar o desmantelamento cultural e as políticas culturais desactivadoras, a privatización das rúas (taxas para actividades non lucrativas), o abandono dos barrios, o regulamento en materia de programación de espectáculos,

• Demandar de xeito proactivo políticas culturais que incentiven (e non castiguen) a acción sociocultural.

• Fomentar a creación de novos públicos, diversificando a oferta e ampliando os segmentos de poboación a quen nos diriximos. • Divulgar novas linguaxes artísticas no ámbito das artes escénicas contemporáneas.