A medida que o FITO vai cumplindo anos, o incremento de espectadores vennos a dar a razón nas estratexias levadas a cabo para deseñar tanto as programacións como as actividades paralelas. A pasada edición, tan particular polas condicións especiais de exhibición que condicionou os aforos de xeito determinante, foi a pesar de todo isto unha cita coas artes escénicas cun significado e uns resultados que lle deron sentido máis ca nunca. A pandemia e as súas consecuencias lembráronnos a necesidade de recuperar e garantir espazos de convivencia seguros nos que a cultura adquiriu unha dimensión sanadora e de creación de cidadanía.

Durante os DEZ días do festival, a presenza da marca Fito estará presente no día a día da cidade nos espazos que son sede do Festival e deseguro que este esforzo organizador vaise ver recompensado cunha significativa resposta cidadá xa que as propostas seguen criterios de discriminación por rangos de idade, adecuación aos espazos de exhibición e oportunidade.

Recuperamos para o Festival a rúa como espazo de programación de dous espectáculos e as accións de divulgación do certame no centro da cidade, nos barrios e nos centros de ensino (institutos e universidade). Instalaremos unha carpa informativa na rúa do Paseo para dar información puntual do festival e levaremos a cabo accións teatrais para implicar aos espectadores no mesmos. Xa fixemos referencia aos excelentes resultados acadados polas compañías galegas, que este ano estarán representadas por nomes propios e consolidados dentro do panorama teatral galego. O prestixio recoñecido das compañías seleccionadas, os títulos dos espectáculos que protagonizarán o festival, os premios acadados serán, sen dúbida un reclamo eficaz para que este décimo aniversario esté acompañando por un novo incremento dos espectadores.

Non abandonamos a comunicación directa con entidades estratéxicas para a difusión do festival como o son os centros de ensino, bibliotecas, asociacións veciñais ou establecementos hosteleiros todos eles aliados eficaces para facer do FITO un lugar de encontro e de promoción da cidade estratéxico.

Fina Calleja
Dirección XIV FITO