XOVES 13
20'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: A PANADARÍA
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: As que limpan
DURACIÓN: 90 min.
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección, dramaturxia e elenco: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
Escenografía: BeatrizdeVega
Iluminación: Del Ruíz
Caracterización e vestiario: Esther Quintas
Música orixinal: Ailén Kendelman
Apoio dramatúrxico: Paula Carballeira
Asesoría Lingüística e tradución ao castelán: Rosa Moledo
Axudante de Escenografía: Daniela Rodas
Asesoría de movemento: Clara Ferrão
Realizacións: Beatriz Novas e Marta Ferrer
Vestiario: Sara Rodríguez (Ollo máxico)
Fotografía: Leticia T. Blanco e Pilar Abade
Deseño de cartel: Equipo SOPA
sinopse
Un cartel colga do manubrio da habitación. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son “as que limpan”, as invisibles que cargan ás súas costas un sistema turístico precarizador. As que limpan fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hostaleiras. Neste novo espectáculo as fundadoras da Panadaría formúlanse estas preguntas: É posible revalorizar este traballo e desligarlo do xénero? Existe un turismo sostible? Quen limpa a casa da limpadora? Hai persoas que nunca limparon un váter e hai outras que limpan cincocentos ao mes. As que limpan non fala só de traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do chan mollado sobre o que camiñamos cada día.
A COMPAÑÍA
A Panadaría somos Areta, Noelia e Ailén.
Fundamos a compañía no ano 2013 co espectáculo Pan! Pan! co que gañamos o Premio da Crítica 2015 ademais dun premio María Casares de interpretación para Areta Bolado e o Premio Xuventude Crea.
Coa nosa segunda montaxe, Panamericana, confírmase a liña de traballo da nosa compañía: o artesanal vencellado a corpo e voz das actrices, a teatralidade evidenciada que pon o acento no lúdico, a música vocal e unha ollada feminista e irreverente. Elisa e Marcela, espectáculo sobre a historia real do primeiro matrimonio lésbico, recibiu grandes eloxios da crítica e 9 premios, incluído o Premio ao Mellor espectáculo María Casares 2018.
Amasamos un teatro de creación propia e, por iso, chamámonos “A Panadaría” porque é un oficio de tradición, de esforzo e constancia.