xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
17

VENRES 14

20'00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: TEATRO ART'IMAGEM
PROCEDENCIA: PORTUGAL
ESPECTÁCULO: Especies Lázaro
DURACIÓN: 90 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Texto e Encenação: Vanesa Sotelo
Assistente de Encenação/Voz Off: Daniela Pêgo
Tradução: Diana Vasconcelos
Interpretação: Flávio Hamilton, Pedro Carvalho e Davide González
Desenho de Luz: André Rabaça
Música e Sonoplastia: Davide González
Figurinos: Sofia Silva
Costureiras: Ana Fernandes, Rosa Maria de Almeida
Ideia Cenográfica: Carlos Alonso
Execução Cenográfica: José Lopes
Direcção de Produção: Sofia Leal
Assistente de Produção: José Pedro Pereira
Design: Tiago Dias
Fotografia: Nuno Ribeiro
Direcção Artística do Teatro Art ́Imagem: José Leitão
Agradecimento: Associação Recreativa Os Restauradores de Brás-Oleiro pela cedência de espaço para ensaios

SINOPSE

As especialistas a bordo do navío oceanográfico Isabel Barreto desenvolven un proxecto de catalogación do fondo marino do banco de Galicia. Despois de varias semanas de convivencia e unha enfermidade inesperada, a tripulación comeza a mostrar os seus prexuízos e as súas diferencias no marco de humores inestábeis debido ao fenómeno de “anteparite”, un síndrome que proban as persoas confinadas no mesmo lugar durante moito tempo. Ao tempo, en paralelo, en xaneiro de 1596, o galeón San Jerónimo diríxese rumbo a Manila despois da súa fallida expedición ás illas Salomón, descubertas por Álvaro Mendaña en 1567. Coa morte do propio Mendaña durante a travesía a súa viúva, Isabel Barreto -a primeira almirante na historia da navegación- capitanea unha tripulación reducida, sen alimentos e sen auga.

A COMPAÑÍA

Inicia a súa actividade en 20 de agosto de 1981 cando un grupo de persoas, profesores e estudantes - uns vidos do teatro de afeccionados, outros con actividades político-sindicais e de animación cultural, resolven formar un grupo de teatro ao que deron o nome de Teatro Art'Imaxe. Seus propósitos inmediatos era facer teatro para a infancia e xuventude e organizar un festival internacional de teatro para ese segmento de público. O día 4 de maio de 1982, regularizaron a Asociación. A partir dese ano comezaron a afirmarse como compañía de teatro independente profesional. A súa fundación, así como a maior parte da súa actividade foi realizada na cidade do Porto, tendo a súa sede pasado por varias moradas. Actualmente está acollida no concello da Maia.

Considerando a importancia do teatro na sociedade, ten como prioridade abrir o seu espazo, a través do Protocolo de Programación da Quinta da Caverneira, á comunidade, levando a todas as capas da poboación actividades culturais e artísticas, tendo como horizonte potenciar a relación do Teatro coa cidade da Maia e co país, desenvolvendo a súa obriga de constituír un polo cultural de calidade. Fai, igualmente, parte da súa misión reforzar a itinerancia, a internacionalización e o acollimento de producións nacionais e internacionais, escollidas pola calidade e pola actualidade das linguaxes envolvidas.