SÁBADO 15
20'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: ELEFANTE ELEGANTE
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Alma de tigre
DURACIÓN: 70 min.
www.elefanteelegante.net
Vídeo Alma de tigre
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección, creación e dramaturxia: Gonçalo Guerreiro
Dirección artística: María Torres
Elenco: MaríaTorres, PabloSánchez, Julia Laporte, MarioRodríguez
Produción de arte e deseño gráfico: Carolina Díguele
Deseño de Iluminación: Nacho Martín
Vestiario: Diego Valeiras
Espazo Sonoro: Manuel Fonte
Máscaras: Antía Ferrer - El tigre de papel
Coreografías: Sabela Domínguez, Julia Laport e Gonçalo Guerreiro
Produción e Distribución: Lilian Portela
SINOPSE
ALMA DE TIGRE propón a cración dun universo paralelo a modo de alegoría no que os intérpretes desenvolven unha linguaxe corporal estilizada a través da danza, da Pantomima e da Commedia Dell`Arte, que se confirma na humanización dos obxectos escénicos e na manipulación da escenografía no sentido de dar movemento e vida ás pezas de mobiliario. Deste xeito todo o contido psicolóxico gaña un corpo físico burlesco que xera un efecto de distanciamento e permite elaborar unha relación actor-espectador na que o segundo recoñece que o absurdo, o ridículo e o consecuente efecto cómico das situacións creadas esconden o fondo tráxico que a realidade humana transporta en si mesma. ALMA DE TIGRE é unha fantasía revelada a partir da historia real de dúas irmás e un irmán. A memoria, os afectos, a herdanza e o futuro dan corpo á nova creación orixinal do Elefante Elegante. A través da relación da música co movemento e a interacción cos elementos da escenografía, vanse revelando todos os segredos dunha posta en escena que se fundamenta na dinámica plástica da narrativa teatral. O absurdo, o ridículo e o poderoso efecto cómico das situacións creadas esconden o fondo tráxico que a realidade humana transporta.