MARTES 18
20'00 TEATRO PRINCIPAL
67 GRAOS OURENSE
PROCEDENCIA: OURENSE
ESPECTÁCULO: Fervescénica
Sen dúbida algunha, dentro do balance da edición anterior do FITO, ocupa un lugar
destacado a celebración de Ourense Fervescénica.
67 Graos.
Esta iniciativa que puxo o broche de ouro na anterior edición será posible no FITO 2022, grazas á colaboración e implicación do persoal técnico do Teatro Principal e do xurado do Certame 67 GRAOS integrado por Roberto Pascual, director da MIT de Ribadavia; a novelista Rochi Nóvoa; Gaspar Broullón, productor audiovisiual e profesor da Universidade de Santiago de Compostela; Eva Torres, directora do Museo Municipal de Ourense; José Lameiras, deseñador gráfico e músico; e Rut Balbís, bailarina e coreógrafa. Serán eles os encargados de elixir, entre as propostas que se presenten, os beneficiarios das cinco bolsas de creación.
Temas como a busca da identidade, o abandono do rural e a conexión coas raíces, a necesidade de seguir denunciando a situación da muller ou os límites entre a verdade e a mentira, entre o real e o inventado, foron o arco temático das cinco propostas de espectáculos de pequeno formato da primeira edición de Fervescénica. Nesta edición as pezas preformáticas exhibiranse de novo no Teatro Principal, e os espectadores e espectadoras outorgarán o premio do público cunha dotación de 600 €.
67 graos - Ourense Fervescénica -nome que fai referencia á temperatura coa que sae a auga do cano grande da Burga, pretende, dentro das súas posibilidades, demandar de xeito proactivo, políticas que incentiven e non castiguen a acción cultural, divulgar novas linguaxes artísticas no ámbito das artes escénicas, e pór acento no desmantelamento cultural e as políticas desactivadoras.