xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
17

MÉRCORES 19

20'00 MUR MARXINAL
COMPAÑÍA: BARROSANTA
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Ragazzo
DuraciÓn: 70 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Ragazzo: Anxo Outumuro
Texto: Lali Álvarez
Dirección: Xavier Castiñeira
Iluminación: Violeta Martínez
Escenografía: Desguaces Petelos
Vestiario: Acontravento
Video: Laura Dafne

SINOPSE
Europa, verán do 2001. A cidade de Ragazzo vive a restricción de dereitos sociais máis grande que recorda o continente dende a Segunda Guerra Mundial: fronteiras pechadas, rexistros, detencións... 30 000 axentes percorren as rúas e protexen aos líderes do G8 na súa xuntanza. Ragazzo pasa o verán na cidade, nun garaxe que okupou e acondicionou como o seu fogar. Está de vacacións: ten tempo para ir a concertos, escribir, e incluso de namorarse... e por suposto, de participar no Fórum Social, soñando e provocando outro mundo posible. Pero o seu destino quedará marcado cando tome a decisión de quedarse na columna dos desobedientes. Ragazzo é unha oda á xuventude e á liberdade, un grito á vida: unha reivindicación da memoria colectiva que os donos do mundo nunca escribirán para nós.

A COMPAÑÍA
Orixinal do barallete ''Barrosanta'' refírese á persoa que se adica a traballar nas labores da barrosa (feira, festa) referentes á música e á animación. Este primeiro espectáculo asenta os cimentos da compañía, baseados no compromiso e denuncia social e na contemporaneidade e interese escénico. Nace en Barbadás, na marxe da capital ourensá, que vive unha forte crise cultural na actualidade, co obxectivo de facer brotar nova actividade teatral. A loita de Barrosanta, igual que a de Ragazzo, faise dende a festividade, dende a reunión co público, onde o que resalta é a alegría da revolución.