xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
17

XOVES 20

20'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: UXÍA MORÁN
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Ingobernable
DURACIÓN: 80 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
En escena: Uxía Morán e Antea Rodríguez
Dramaturxia e dirección: Deborah Vukusic
Escrita: Deborah Vukusic
Iluminación: Violeta Martínez
Espazo sonoro: Dévora
Escenografía: Violeta Martínez
Vestiario: Laura Iglesias (Reinita Castaña)
Espazo audiovisual: Carlota Mosquera
Produción: Uxía Morán

SINOPSE
INGOBERNABLE é un contacontos cómico e interactivo para adult@s, unha campaña política no/por/para o teatro. Desde a transparencia, rasgo que non caracteriza precisamente o político, a protagonista desta historia fala da realidade que a envolve para acadar os votos do público na súa realización. INGOBERNABLE vai dunha actriz-xoven-pansexual, filla dun político, orfa de nai, irmá menor e nai que quere crear o seu propio partido, a súa propia gran obra, o seu propio goberno, fermosamente persoal, coherentemente anárquico, simpáticamente irresponsable.

Sábese que a cultura está politizada ou que foi desmantelada e que antes das eleccións se emprega o caramelo da cultura para presumir e achegarse á cidadanía, con pasarrúas espectaculares e tirando da man do showbiz. A “emerxencia cultural” é clara e a demagoxia, extrapolable á esquerda, á dereita, ao centro e pa dentro. Os políticos e políticas din que pensan no social antes de ir de carallada cos cartos públicos, din que as familias non pasarán fame e poderán pagar sen penas as facturas da luz mentres van no barco a consumir cocaína ou nun jet a ver un concerto. A cultura é unha arma e precisamente por iso é necesaria unha peza coma INGOBERNABLE para amosar que nunca é tarde para facer posible a república.

A COMPAÑÍA
Licenciada en Arte Dramática pola RESAD na especialidade de Interpretación textual, completa os seus estudos con cursos de Hip-Hop, Urban Dance e de Danza Contemporánea con Patricia Varela, Ruth Balvís, Aitana Cordero e Leodán. Fai cursos de Curso de Cine e Televisión con Miguel Anxo Fernández, de Clown con Walter Velázquez, e traballa “O corpo da voz”, verso e declamación con Vicente Fuentes e logo dalle por aprender xogos tradicionais no Centro Xaquín Lorenzo. Sempre versátil, traballou de Actriz en Arsénico por Compaixón do grupo de teatro ONCE dirixida por Tito Asorey e Melania Cruz, como creadora tamén nas performances A última cea (Mulleres en acción. Violencia Zero), O retrato, ELA-S e Duelo, metástase da alma (para salas expositivas) e Nexos (para Cata a arte). Así como na curta Non me espera ninguén, nas longametraxes Vilamor de Ignacio Vilar, 9 Olas e Tilda & Jean (dirixida por Darío Autrán) e nas web-series Orxo, O Gran Compadre e PIB. Foi presentadora do OUFF e do Ourencanto e no proxecto Xacobeo 2021: Cata o Camiño polos concellos que compoñen a Vía da Prata.