xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
17

VENRES 21

20'00 LICEO DE OURENSE
COMPAÑÍA: MOFA E BEFA
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Pirolíticos
DURACIÓN: 90 min.

www.excentricas.net

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección: Clara Gayo
Dramaturxia: Lucía Aldao, Clara Gayo e María Lado
Elenco: Evaristo Calvo é Mofa, Víctor Mosqueira é Befa
Deseño de Escenografía: Marcelino de Santiago, Kukas
Deseño de Iluminación: Octavio Mas
Deseño de Vestiario: Mofa & Befa
Deseño de Son: Piti Sanz
Coreografías: Paula Quintas
Deseño Gráfico: Natasha Lelenco
Fotografía: Sabela Eiriz
Vídeo e pilulas promocionais: Sonia García (Illa Cromática)
Produción: Rubén G. Pedrero

SINOPSE
Mantendo a estrutura, o estilo, e as intencións “didácticas” que sempre caracterizaron a este dúo,

PIROLÍTICOS é esencialmente unha guía para orientar ao público sobre as novas masculinidades de sempre e conseguir (no caso dos homes) unha correcta pirólise en 10 pasos sinxelos. Ao igual que os fornos modernos, necesario conseguir un estado de “baleiro total” para poder comprender e asumir os novos conceptos que o Feminismo achegou nas últimas décadas. Reflexionar sobre o impacto do Patriarcado nos propios homes, recoñecer a súa posición de privilexio, e amosar as contradicións que estas influencias provocan no noso día a día, poñendo o foco en todo momento sobre un home que simpatiza coa teoría feminista e aspira a vivir en consoancia con ela, pero que ten que enfrontar unha cultura machista profundamente instalada.

Cunha estrutura en sketches, como é habitual en Mofa & Befa e, por suposto, con música (desta volta, cun marcado estilo perrallas rock) PIROLÍTICOS escenifica situacións ben recoñecibles polo público, co fin de conseguir unha mellor comprensión da “Guía Rápida para unha Correcta Pirólise”.

A COMPAÑÍA
O 28 de decembro de 1992 saltan ao panorama teatral galego dous actores que xa eran coñecidos polos seus traballos en compañías e espectáculos comprometidos e cultos, ou dito de outro modo, convencionais. Aquel día, que se conmemoraba o holocausto dos Inocentes, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira deciden renunciar para sempre á súa inocencia, e por tanto, á súa pureza artística, para transformárense en MOFA&BEFA. E aínda sería mellor dicir que se transustanciaron en MOFA&BEFA. Agora sería o momento de contar a súa biografía, espectáculos realizados, festivais, premios... e chegará pero para celebrar o seu 30º aniversario en 2022. E moitas sorpresas máis!