xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
17

SÁBADO 22

20'0 h.TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: SUTOTTOS
PROCEDENCIA: ARXENTINA
ESPECTÁCULO: Perdón
DURACIÓN: 60 min.

Vídeo Perdón

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dramaturxia e dirección: Andrés Caminos e Gadiel Sztryk
Elenco: Andrés Caminos e Gadiel Sztryk
Asistencia Artística: Marianela Faccioli e Manuela Bottale
Escenografía e Deseño de luz: Fernando Dopazo
Vestiario: Analía CristinaMorales
Produción: Sutottos
Fotografía: Pablo Linietsky
Colaboración artistica: Mariana Chaud

SINOPSE
O reencontro de dous amigos da infancia transfórmase nunha disputa permanente entre os seus egos, reclamos do pasado e frustracións do presente. A oportunidade para que afloren traumas pensamentos e emocións acumuladas durante anos. Competencias, amores e odios nunha hora de humor desaforado e absurdo.

Volver verse remove todo o pasado e saca á luz as manipulacións e miserias máis profundas do seu vínculo. O que foi e xa non é, o que volve para ser distinto.

A COMPAÑÍA
Sutottos é unha compañía teatral Arxentina con máis de quince anos de traxectoria e oito espectáculos no seu haber que percorreron o país e o mundo. É recoñecida tanto polo circuíto teatral de Buenos Aires como pola crítica e o público. A súa obra ̈Inestablë foi gañadora da Bienal de arte de Buenos Aires 2015 e realizou xiras en España, Uruguai, Bolivia e México. Participou de prestixiosos Festivais como o Festival Internacional de Cadiz, Festival Internacional de León, Festival Internacional Bos Aires (F.I.B.A), entre outros. Inestable foi nomeada como Mellor espectáculo de humor nos premios Estrela de Mar. Sutottos participou do programa “Cultura, Nación” co que realizou funcións por toda a Arxentina. O seu último espectáculo foi coproducido pola Bienal de Arte Nova de Buenos Aires e contou co apoio da sala Villarroel de Barcelona, DFeria de San Sebastián e a Sala Verdi de Montevideo. A estrea deuse de forma consecutiva en Arxentina, Uruguai e España. A compañía recibiu unha mención á traxectoria por parte da Universidade de Buenos Aires GETEA. O dúo ten unha escola de actuación e dramaturxia que funciona fai máis de dez anos en Buenos Aires e ditou seminarios tanto na Arxentina como en Latinoamérica e España.