xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
17

DOMINGO 23

19'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: IBUPROFENO TEATRO
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Smoke on the Water
DURACIÓN: 90 min.

www.ibuprofenoteatro.com
Vídeo Smoke on the Water

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección e texto: Santiago Cortegoso
Elenco: Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Ríos, María Costas
Músico en escena:
Mon Orencio
Movemento escénico e axudantía de dirección: Carmela Bueno
Espazo escénico: Pablo Giráldez 'O Pastor'
Deseño de iluminación: Salvador del Río
Deseño de vestiario: Marián Bañobre
Xastra: Bety Busto
Caracterización: Baia Fernández
Espazo sonoro e dirección musical: Mon Orencio
Imaxe: Diego Seixo
Técnico en xira: Héctor Pazos
Cobertura técnica: Ningures
Produción S.L. Vídeo: José V. Estonllo

SINOPSE
Ritchie (Blackmore) vive ancorado no rock and roll de los 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións de dependencia imposible de desenlear. Este "status quo" absurdo, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha fonda amizade con Ritchie.

A intervención de Joan Baez, empregada de banca que xestiona a hipoteca de Ritchie, clienta de Álex, propicia un final pateticamente feliz ao enredeo amoroso-financeiro entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón.

A COMPAÑÍA
Santiago Cortegoso e Marián Bañobre fundamos en 2010 Ibuprofeno Teatro para sacar adiante proxectos de xeito independente. Despois de catro espectáculos de pequeno formato (A filla de Woody Allen, Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios,'Fitness e O Furancho), en 2016 demos o salto asumindo producións de maior envergadura con Raclette (Premio Teatro Autor Exprés e Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais), que foi finalista á mellor autoría e dirección nos Premios Max.

Buscamos unha linguaxe persoal para falar dos temas clave que afectan ao ser humano contemporáneo. Perseguimos o rigor na dramaturxia e integramos a escrita dramática no proceso de creación e posta en escena. Os nosos personaxes buscan a súa identidade nun contexto global e complexo que non poden controlar, o que os leva a situacións absurdas cargadas dun humor ácedo e sarcástico. Participamos en mostras e festivais como a de Autores Contemporáneos de Alicante, Feira de Ciudad Rodrigo, Umore Azoka de Leioa, Festival de MIM de Sueca, Certame de Teatro Garnacha de Haro, etc. Ademais da produción de obras teatrais organizamos actividades de promoción cultural e impartimos obradoiros de creación escénica, clown e escrita dramática.