me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
21

MÉRCORES 16

20'00 LICEO
COMPAÑÍA: CULTURACTIVA
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Vía morta
DURACIÓN: 70 min.

www.culturactiva.org/es

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección: Eva Egido Leiva
Público: Adulto
Tipo espectáculo: Adulto
Autoría: Carlos Olalla
Elenco: Anabell Gago, Rocío Salgado, Iván Prado e Fran Rei
Axudantía de Dirección: Iván Prado
Deseño Escenografía: Rubén Vejabalbán e Carlos Domínguez del Río
Vestiario: Bety Busto
Deseño de imaxe e Material gráfico: Rubén Vejabalbán e Rocío Cibes
Deseño de iluminación e responsable técnico: Rubén Vejabalbán e Jorge Ramos
Espazo sonoro: Rubén Vejabalbán
Coordinadora de Produción: Isabel Vilaseco

sinopse
Vía Morta pretende ser, máis que un espectáculo teatral, unha experiencia a través do teatro. Unha montaxe teatral que pretende traer a realidade dos refuxiados e refuxiadas ao público de Galicia a través dunha proposta que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas migratorias da UE están a provocar. O teatro non pode permanecer impasible ante a deliberada política de esquecemento á que as persoas refuxiadas son hoxe sometidas. Este espectáculo fálanos sobre a triste situación dos millóns de refuxiados e refuxiadas aos que, aínda hoxe, a Unión Europea pecha as súas portas. Agora que as persoas que, fuxindo da guerra, do terrorismo, de tiranos ou da fame, cruzan o Mar Mediterráneo xa non son noticia e deixaron de aparecer nos medios de comunicación, a nosa montaxe pretende achegarnos á súa realidade e denunciar a hipocrisía dunha política comunitaria que vulnera principios básicos da lexislación internacional obrigándoos a vivir en miserables campamentos máis aló das súas fronteiras, cando podería acollerlles e darlles o refuxio ao que teñen dereito.

A COMPAÑÍA
Culturactiva Producións en coprodución con “Paiasos en Rebeldía” somos unha compañía e produtora que fai realidade as necesidades reais dos programadores e programadoras, froito do noso coñecemento do sector como distribuidora. Con pezas como Falar sen Cancelas, Sénior ou Saaabor! no noso haber, temos unha produción teatral constante con espectáculos adaptados a todo tipo de espazos e requerimentos, a datas sinaladas e sempre creamos pensando no público ao que nos diriximos. O humor e a versatilidade son as nosas señas de identidade.