me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
21

SÁBADO 19

13'00 PRAZA DE SAN MARTIÑO (OURENSE)
18'30 PRAZA MAIOR (CELANOVA)
COMPAÑÍA: TEATRO SÓ
PROCEDENCIA: PORTUGAL/ALEMAÑA
ESPECTÁCULO: Sorriso
DURACIÓN: 30 min.

www.teatro-so.com

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Guión e Dramaturxia: Sérgio Fernandes
Elenco: Ana Gabriel Sérgio Fernandes
Composición Musical: Ferdinand Breil
Concepción Plástica e Vestiario: Ana Baleia
Técnicos: João Veiga e Spiros Paterakis
Dirección de Producción: Joana Ferreira e Daniela Sampaio
Escenografía: Eddie Dorner e Luis Lino

sinopse
Como escribir unha historia de amor, dun amor que perdura no tempo, que enche unha vida ata o crepúsculo e que nunca acabou para aquel que aínda contempla o pasado? Esta historia de amor non se inspira na morte heroica de Romeo e Julieta, senón na vida en común dunha anciá parella, para quen o amor é esa vida completamente realizada. A morte dun axexa con soidade a vida do outro. Unha soidade cuxa forza dos recordos dá vida a pantasmas que non desisten de amar aos que quedan, anxos da garda celosos, amantes invisibles cuxos bicos están feitos de vento. O que partiu está ausente, a pesar de que a súa alma acompaña ao que se quedou, habita o aire de quen o amaba, espera o reencontro sabendo que a vida continúa soamente para quen está. Lembrar é iso, facer pasar polo corazón unha e outra vez...

A COMPAÑÍA
TEATRO SÓ é unha compañía de teatro portuguesa con sede en Odemira (Portugal) e en Berlín (Alemaña). Desenvolve un traballo multidisciplinar que relaciona a técnica da máscara, o teatro físico, as artes circenses e as artes plásticas. Todos estes compoñentes converxen nun teatro imaxinativo, non verbal e visualmente poético no que a comunicación entre o actor e o público se realiiza a través do poder do xesto. Os temas da escena céntranse directamente nos estigmas sociais transversais a todas as culturas e xeracións. A nosa compañía defende un concepto de arte pública destinada a todas as idades e estratos sociais. Os temas son transversais e atemporais (A vellez, o abandono, o amor, o reencontro), tendo por tanto tamén unha preocupación pedagóxica. A compañía de Teatro SÓ é fundadora do colectivo de artistas Kunstquartier Bethanien en Berlín, pertence á Plataforma de Artistas de Bethanien e é membro da asociación de Teatro de Rúa de Alemaña.