DOMINGO 20
20'00 AUDITORIO MUNICIPAL ILDUARA DE CELANOVA
COMPAÑÍA: A FEROZ
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Bulevar Papagaio
DURACIÓN: 75 min.
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Elenco: Inés Salvado, Lorena Conde, Gustavo Freire e Bea Romero
Texto e Dramaturxia: Lorena Conde
Dirección: Lorena Conde
Espazo Sonoro: Manuel Abraldes
Deseño, Escenografía e Vestiario: A Feroz
Producción: A Feroz
Distribución: Amarelo
sinopse
BULEVAR PAPAGAIO é unha proposta escénica que parte do libro do Papagaio, con fotografías de Maribel Longueira e poemas de Luísa Villalta. Cando a fotógrafa Maribel Longueira escoitou os primeiros sons da poqueta tívoo claro: o Papagaio víñase abaixo. Ou, mellor dito: tiraban abaixo o Papagaio e con el un fragmento da cidade que moitas coruñesas non querían mirar. O barrio popular, o barrio obreiro, o barrio das putas e outras traballadoras explotadas debía facerlle sitio a unha mole de cemento e pretensións. A cidade da xente de ben devoraba o que non lle valía. Esta afinadísima intuición de Maribel levouna a documentar, cámara en man, o declinar dun tempo e unha xeografía propias, domésticas, gloriosamente prosaicas. E coas imaxes recollidas convidou a varias poetas a poñer a palabra necesaria. A idea primeira era que aquel fose un traballo coral, colectivo. Mais Luísa Villalta, unha desas convidadas, Hai lugares que ninguén quere mirar, dos que todo o mundo fai que non ten noticia. Ignorar a fealdade, a explotación ou a violencia non é unha actitude exclusiva das cidades, tamén se dá na literatura, na arte, na política, nas casas de cada unha de nós. Contra iso nace Bulevar Papagaio. Traemos o espello limpísimo. Habería que berrar os seus versos polas rúas, escribilos nas paredes, terían que estar nas bocas das amantes e das mulleres desesperadas que moran en tantos Papagaios estigmatizados e ameazados de demolición.
A COMPAÑÍA
A Feroz nace no 2016 coa ansia de dar contexto ao noso amor. Amor. Amor pola verdade, polos proxectos honestos, por contar dende as tripas o que nos sucede, pola mestura das artes, de disciplinas, de ciencias, de corpos e de miradas. Esta compañía nace coa vontade clara de trascender xuntos as nosas barreiras persoais para poñer en común en escena as preguntas e todas as posibles respostas. Nacemos á vida como promesa. Todo o que temos queda depositado aí, na posibilidade infinita de chegar a ser todo o que se pode ser a través da arte.
19'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: SOLITARIA / TNC
PROCEDENCIA: CATALUÑA
ESPECTÁCULO: Mal de coraçon
DURACIÓN: 90 min.
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autora: Victoria Szpunberg / Cia Solitària
Dirección: Andrea Jiménez
Intérpretes: Júlia Barceló, Pol López, Pau Vinyals
Escenografía: Judit Colomer
Vestiario: Andriana Parra
Composición Musical: Lucas Ariel Vallejos
Axudante de Dirección: Rita Molina
Iluminación: Conchita Pons
Produción: Júlia Molins e Maria Rovelló
Unha produción de: CÍA SOLITARIA /TNC
sinopse
Mal de corazón é unha das maneiras coas que Santa Teresa chama á súa enfermidade. Non se sabe con certeza que padecía exactamente, pero o que si é evidente é que a súa relación coa dor era forte e intensa.
Na nosa obra, tres personaxes agónicos e medio alcoholizados, que sofren algunha dor
na alma, atópanse nun bar. Un espazo que, como o convento, reúne a xente que dalgunha maneira necesita fuxir da cotiandade. Almas sedentas, fieis ao lugar que habitan, que poden ter visións, se non místicas, polo menos distorsionadas.
Unha camareira, que en realidade é actriz, prepara unha au- dición para un musical sobre Santa Teresa; un namorado resentido e medio paranoico que cre que a súa parella deixouno por Deus, e un profesor de filosofía moribundo e fracasado que desexa ser redimido. Anti heroes sen rumbo que non atopan o seu lugar no mundo. Fóra, un diluvio detivo a cidade.
A COMPAÑÍA
Son unha formación que comparte a filosofía de facer un teatro que se poida retroalimentar dos seus coñecementos como grupo, os seus caracteres e o seu humor, que se converte nun factor imprescindible. Traballan desde a procura dunha linguaxe comprometida, poética e sen efectismos. Para eles a compañía é un laboratorio onde cada proxecto é un proceso de experimentación e de crecemento profesional. Por iso escollen a figura do astronauta para representalos. O astronauta como arqueólogo comprometido. O astronauta como explorador solitario que se busca a el mesmo a través da aventura. O astronauta como científico que busca ampliar a mirada para atopar o sentido. O astronauta como un artista que diante do infinito consegue conectarse coa humanidade. Un dos valores importantes da compañía, e un dos desexos que une a todos os membros, é a investigación e a paixón polos nosos clásicos e a necesidade de xerar unha nova mirada crítica para mantelos vivos. Iso vese reflectido desde a nosa versión de Terra Baixa (Quietude Salvatge), pasando pola versión libre de Heddá Gabler (Filla do seu pai), ata Mal de Coraçon; onde aínda sendo un texto novo, tamén queremos seguir con este impulso.