MARTES 22
20'00 SALA EMILIA PARDO BAZÁN, CAMPUS DE OURENSE
COMPAÑÍA: LOIA PRODUCIÓNS
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: María Consolación Visitación Amadora
DURACIÓN: 65 min.
ESTREA
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Directora e Dramaturga: PALOMA LUGILDE
Elenco:
Aida Covas,
Catuxa Leiras
Escenografía e Iluminación: Montse Piñeiro
Deseño e Confección
Vestiario: Dánae Mariño
Espazo Sonoro: Germán Díaz
Deseño Gráfico e Animación: Belén Cordero
Documentación Gráfica: Fiz Ouro
Asesoria de Produción e Axudante de Dirección: Miguel Varela
Produción e Distribución: Aida Cobas
sinopse
Nun cuarto de costura María Visitación Consolación Amadora prancha unha camisa e, sen querer, deixa a prancha acendida e ten un accidente. Non pasará nada, pero este suceso fai levar a súa memoria aos inicios da súa vida. Pasaran por ese entresoño anacos da súa memoria, como se tratasen de traxes, patróns, arranxos que fixo ao logo da súa vida. Con ela descubriremos o mundo das costureiras e o que as rodeaba social e economicamente, como foi a súa transformación. Axiña descubriremos que detrás está Lola.
María Visitación Consolación Amadora pretende amosar a vida desas mulleres que, dentro do contexto complexo que lles tocou vivir, conseguiron ter certa autonomía e incluso chegar a gañar máis que os homes en anos nos que isto era inaudito: As costureiras. Cómo reaccionou a sociedade ante este feito? Poñemos o foco en diferentes costureiras da Comarca da Ulloa, abordando o cooperativismo e a soidade, a costura como traballo e/ou expresión artística, a memoria e a industria téxtil...
Elas comportan parte do noso patrimonio cultural. Vai por elas.
A COMPAÑÍA
Este será o primeiro espectáculo da compañía Loia Producións. Non por casualidade ten nome de muller ou mulleres, xa que darlles protagonismo ás voces femininas é un dos obxectivos desta compañía creada por Aida Cobas. Ela ten unha forte conexión co teatro comunitario, co mundo do tradicional e co rural por habitar nel.
O Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) cedeunos todo o material das entrevistas realizadas no proxecto Corcosendo ao que unimos documentación sobre a vida nos anos 50 e 70 na comarca da Ulloa.