me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
21

MÉRCORES 23

20'00 SALA EMILIA PARDO BAZÁN, CAMPUS DE OURENSE
67 GRAOS FERVESCÉNICA
PROCEDENCIA: GALICIA
Bolsas de creación Fito
DURACIÓN: 70 min.

O Festival abre a convocatoria dun concurso de ideas onde os creadores poderán postularse para ser os beneficiarios desas cinco bolsas de creación correspondentes a cinco micro-espectáculos, performances ou pezas singulares de pequena escala que deberán ter como carta de natureza a contemporaneidade, a hibridación e o diálogo entre artistas, xéneros e disciplinas englobadas dentro das artes vivas. Con esta iniciativa o FITO busca reforzar a influencia positiva a nivel social, cultural, artístico e económico que xera o festival activando o tecido cultural de base ademais do profesional, promovendo unha cidade viva e visibilizando a cultura e os seus profesionais. 67 graos-Ourense Fervescénica pretende, dentro das súas posibilidades, demandar de xeito proactivo políticas que incentiven e non castiguen a acción cultural e que divulgen novas linguaxes artísticas no ámbito das artes escénicas. Os artistas seleccionados por un xurado formado por profesionais de probado prestixio no ámbito das artes escénicas serán beneficiarios dunha bolsa de creación e optarán ao premio do público dotado con 600€.