DOMINGO 27
19'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: PRODUCIÓN TEATRAIS EXCÉNTRICAS
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: O auto do Castromil
DURACIÓN: 70 min.
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección e Dramatruxia:
Quico Cadaval
Elenco:
Rocio González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez
Escenografia e Indumentaria: Carlos Alonso
Iluminación:
Octavio Mas
Espazo Sonoro:
Piti Sanz
Atrezzo:
Kukas Producións Artísticas
Noticiario Cinematográfico:
Marcos Ptt Carballido
Deseño Gráfico:
Javier De La Rosa – Milicia Gráfica
Fotografía:
Sabela Eiriz
Produción:
Rubén G. Pedrero
Axudante de Dirección:
Mon Serodio
sinopse
A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelase de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos máis armas que o humor e o espirito antroidesco.
O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.
Está feita con anacos das obras de Manuel María A rebelión dos baús, O Auto dos semulados da Caravilla, Unha vez foi o trebón, Abril de Lume e Ferro e o Entremés da OTAN. Con este proxecto Excéntricas gaña o III Concurso de Proxectos que convoca a Fundación Manuel María e que recibe o apoio de máis de corenta concellos e institucións de Galiza.
Espectáculo gañador de dous Premios de Teatro María Casares: Mellor Dirección (Quico Cadaval) e Mellor Vestiario (Carlos Alonso); e finalista en 3 categorías máis: Mellor Espectáculo, Mellor Actor Protagonista (Víctor Mosqueira) e Mellor Espazo Sonoro (Piti Sanz).
Espectáculo candidato aos Premios Max en dúas categorías: Mellor Espectáculo e Mellor Iluminación (Octavio Mas).