| |
| |
|
|
sa |
do |
lu |
ma |
me |
xo |
ve |
sa |
do |
|
|
|
|
|
|
|
31 |
1 |
|
DIA 24: |
 |
19’00 -
RÚA DO PASEO
COMPAÑÍA: OS PERQTORES DE SEIXALBO
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: PERCUSIÓN
SINOPSE:
A finais do verán do 2008, durante a semana cultural de Seixalbo, un grande pobo preto da cidade de Ourense, unha ducia de persoas comezan con ilusión un obradoiro de percusión partindo da iniciativa local dun par de mozos con inquedanzas musicais.
A ilusión, o compañeirismo e o sentir dun xeito especial a música fai que o que ía ser un pequeno obradoiro temporal, se formalice nun grupo de percusión, que comeza a medrar e medrar ata chegar aos case 30 compoñentes actuais. Pero non só medran en número, senón tamén en relacións sociais e pouco a pouco en calidade e variedade musical.
Dirixidos por Puntxa (percutor profesional integrante de Lamatumbá), teñen a súa primeira actuación seria no Entroido 2009 de Seixalbo. E logo de triunfar na “casa” o grupo continúa a realizar actuacións.
Músicas do mundo e músicos facendo tronar os seus repeniques, tamboriles, caixas, timbais, surdos…etc. Se tes oportunidade non deixes a ocasión de gozar na compaña da percusión dos PERQTORES.
www.myspace.com/osperqtores |
|
 |
 |
20’30 -
AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: LA ESCAPISTA TEATRO
PROCEDENCIA: MADRID
ESPECTÁCULO: DO MEU, O MELLORIÑO
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:
AUTORES: PILAR GÓMEZ E FERNANDO SOTO
Elenco: Pilar Gómez
Produción: Escena turística
Xefe de produción: César Braña
Espazo escénico: Fernando Sánchez-Cabezudo, Pilar Gómez, Fernando Soto
Vestiario: Julia Masina
Iluminación: Marta Graña, Fernando Soto
Fotografía: Ana Escobar
Deseño de web: Ana J. Ropa
Imaxe gráfica: Chema Fernández (Pixel Pan)
Axudante de dirección e movemento escénico: Paloma Díaz Dirección: Fernando Soto
SINOPSE:
"Mejorcita de lo mío" é un voo sen motor, un percorrido persoal por aqueles momentos da nosa vida que dalgún xeito deixan pegadas, para o bo ou para o malo. A eterna pregunta "Quen son eu?" plana sobre o escenario. Non só non obterá unha resposta clara senón que fará que se destapen novas preguntas.
"Mejorcita de lo mío" é un paseo por algunhas desas experiencias, unhas veces positivas e outras non tanto, nas que nos imos encontrando coa dúbida, o medo, a risa, o corpo, a virxe do colexio, as monxas, os scouts, a Terra, o indio Seattle, Huelva, o desamor, a pena, os amigos, a voz da túa nai... E como a vida ás veces empéñase en deixarnos feridas, pois non queda máis remedio que curalas... porque unha cicatriz ben posta pode ser incluso bonita.
www.laescapista.com |
|
 |
 |
23’00 -
CAMPUS UNIVERSITARIO (Capela. Aforo limitado)
COMPAÑÍA: ANGÉLICA LIDDELL
PROCEDENCIA: MADRID
ESPECTÁCULO: FAREITE INVENCIBLE COA MIÑA DERROTA JACKIE
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:
Creación: Angélica Liddell
Iluminación: Carlos Marqueríe
Asistente de Iluminación: Eduardo Vizuete
Produción Executiva: Gumersindo Puche
Música: Concerto para violoncello de Elgar interpretado por Jacqueline Du Pré
Co-produción: Altra Bilis e Citemor
Produción: IAQUINANDI S.L. e FESTIVAL CITEMOR
Sinopse:
"Jacqueline Du Pré morreu aos 42 anos. A idade que teño agora. A nostalxia levoume a buscar a complicidade cos mortos, o medo a envellecer levoume a buscar a complicidade cos mortos, o medo de exclusión polos vivos levoume a buscar a complicidade cos mortos. Houbo un instante no que sentín a necesidade de comunicarme con Jacqueline, de falar con ela, quería que me explicase o pavoroso conflito encarnado no seu corpo, entre a materia e o espírito. Quería falar de música con ela. Non cos vivos, non cos vivos. E quería traballar a partir do que ela me fora dicindo. Lembro "Opening Night" de Cassavettes, cando Gena Rowlands vai a unha sesión de espiritismo. Busca a esperanza, unha resposta, un pouco de piedade. É iso o que busco entre os mortos, a piedade, comprender por qué continúo viva, por qué continúo viva e Jacqueline non."
Angélica Liddell
www.angelicaliddell.com |
|
| |
 |
|
|