sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa do
31 1
DIA 26:

20’30 - TEATRO PRINCIPAL

COMPAÑÍA:
JOÂO GARCIA MIGUEL
PROCEDENCIA: PORTUGAL
ESPECTÁCULO: BURGHER KING LEAR (a partir de King Lear de William Shakespeare)

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:
Elenco: Anton Skrzypiciel e Chema León
Escenografía e figurinista: Ana Luena
Música: Rui Lima, Sérgio Martins
Deseño de luz: Mário Bessa
Dirección técnica: Luis Bombico
Montaxe e operación: Paulo Alface
Vídeo: Jaime Gonçalves
Caracterización: Jorge Bragada
Produción executiva: Marta Vieira
Coprodución: Joâo Garcia Miguel Unipessoal Lda., O Espaço do Tempo, Casa d'os Dias da Água
Tradución, adaptación e dirección: Joâo Garcia Miguel


SINOPSE:
Multicultural, radical e moderna, a adaptación que Joâo Garcia Miguel fai do King Lear de Shakespeare é unha versión bilingüe para un actor australiano e outro portugués. O traballo, gañador do prestixioso premio FAD Sebastià Gasch 2008, busca o substancial do texto clásico: a historia dun pai e as súas tres fillas, dun rei que se sente vello e pide ás descendentes que lle digan cal delas o ama máis, e a cambio da confesión promete un terzo do seu reino.
www.joaogarciamiguel.com

     
   
     

23’00 - AUDITORIO MUNICIPAL

COMPAÑÍA:
TEATRO NU
PROCEDENCIA: GALICIA / PORTUGAL
ESPECTÁCULO: COA PALABRA NA LINGUA (Concerto en dúas linguas para dous actores e un músico)

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:
Actores: Zé Paredes e Mónica Camaño
Músico: Anxo Graña
Produción: Teatro Nu
Espazo lumínico: Afonso Castro
Espazo sonoro: Anxo Graña
Espazo escénico e vestiario: Mónica Camaño
Dramaturxia: Mónica Camaño e Zé Paredes
Dirección: Zé Paredes

SINOPSE:
"Coa palabra na lingua" é un percurso emocional polas poesías portuguesa e galega unificadas no acto teatral.
Dende os poetas de comezos do século XX ata os de agora, as dúas linguas desfilan musicalmente polo corpo e pola voz dos intérpretes.
Fernando Pessoa, Álvaro Cunqueiro, Ary dos Santos, Avilés de Taramancos, Marta Dacosta, María Teresa Horta, Chus Pato, ... son algunhas das falas posibeis neste traballo.
www.lavozdegalicia.es/santiago/2008/12/12/0003_7388489.htm