| |
| |
|
|
sa |
do |
lu |
ma |
me |
xo |
ve |
sa |
do |
|
|
|
|
|
|
|
31 |
1 |
|
DIA 31: |
 |
20’00 -
AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: EL PATRÓN VÁZQUEZ
PROCEDENCIA: ARXENTINA
ESPECTÁCULO: A PARANOIA (Sexta parte da Heptaloxía de Hieronymus Bosch)
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA:
AUTOR: RAFAEL SPREGELBURD
Elenco: Andrea Garrote, Mónica Raiola, Pablo Seijo, Rafael Spregelburd e Alberto Suárez
Produción: Corina Cruciani
Asistente de produción: Luciana Graciosi
Colaboración artística: Héctor Díaz
Música: Nicolás Varchausky, Hernán Kerlleñevich, Pablo Chimenti
Vídeo: Daniela Goggi, Agustín Mendilaharzu, Ignacio Masllorens, Juan Schnitman
Dirección de fotografía-Foto fixa: José María Gómez
Dirección de fotografía en videoclip: Lucio Bonelli
Edición: Sebastián Toro e Alejo Varisto
Luces: Matías Sendón, Esteban Lahuerta, Rafael Spregelburd
Vestiario: Julieta Álvarez
Asistente de vestiario: Catalina Willimburgh
Fotografía: José María Gómez e Laura Valenti
Coach de chinés: Nicolás Levin
Asistente de dirección: Francesc Jiménez Llinás
Dirección: Rafael Spregelburd
SINOPSE:
Dentro duns vinte mil anos, a Terra mantén estrañas relacións coas culturas foráneas. Un delicado equilibrio está a piques de romperse: iso que a vella Terra producía acaba de esgotarse. Iso que as intelixencias do cosmo obtiñan exclusivamente deste ermo traseiro do infinito xa non se produce máis: a ficción.
Un grupo de elite -convocado contra a súa vontade nun vello hotel de Piriápole- deberá solucionar o problema, e salvar á humanidade. Crear ficcións para alieníxenas é unha tarefa titánica: tempo e espazo disólvense como xelatina, a narración é un concepto arcaico, e o calendario maia está por chegar á súa fin.
www.spregelburd.com.ar |
|
 |
 |
23’00 -
TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: TEATRO TASCABILE DI BÉRGAMO
PROCEDENCIA: ITALIA
ESPECTÁCULO: IL RAJA DI KOTTARAKKARA (Mostra de traballo do estilo Kathakali)
SINOPSE:
O teatro-danza clásico da India estilo Kathakali é un universo complexo no que conflúen realidades culturais e artísticas diversas. A idea que guía esta introdución-espectáculo é a de explorar ese mundo para coñecer máis sobre a súa riqueza. O espectáculo organizouse con demostracións de adestramento enmarcadas na disciplina do Kalari (a sala de preparación onde se reciben as leccións). Podémonos atopar así coa parte relativa ao traballo co corpo (pasos, posicións, práctica do ritmo, mudra, unidade simple e combinacións complexas de frases coreográficas, cadeas de diversa natureza e amplitude), ao traballo cos ollos (os exercicios e a referencia ao "ekalochana", a práctica de chorar cun ollo e rir mentres co outro), e á construción de varias pezas de teatro.
Unha parte ensina a maquillaxe (o maquillador gradúase nuns poucos anos de experiencia): as cores, a simboloxía, a práctica; outra parte a música e a outra parte as percusións fundamentais (os dous tambores distintos e os dous pratos) co adestramento sen instrumento e as organizacións vocais do ritmo coa súa tradución a través da percusión.
www.teatrotascabile.org |
|
| |
 |
|
|