me
xo
ve
sa
do

DOMINGO 27

19'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: TEATRO EN VILO
PROCEDENCIA: MADRID
ESPECTÁCULO: Generación Why
DURACIÓN: 65 min.

www.teatroenvilo.com
Vídeo Generación Why

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Intérpretes: Chiara Goldsmith, Andrea Jiménez, O’Mahony, Noemi Rodriguez
Dirección: Andrea Jiménez
Produción: Teatro en VIlo
Vestiario:  Julia Goldsmith e Teatro en VIlo
Deseño de luces: Miguel Ruz
Escenografía: Maria José Rodríguez

SINOPSE
O xogo de imaxinar futuros posibles –ou imposibles– convértese nunha invocación ou un exorcismo, unha sorte de ritual contemporáneo no que quedan ao descuberto as esperanzas, ambicións e medos dunha xeración abrumada pola altura dos seus sonos e expectativas.
Generación Why é un anaco de vida, un rito de paso, un canto á xuventude, un fogar itinerante, un lugar no tempo. É o momento exacto no que se atopan a convicción de que aínda todo é posible e a certeza de que todo remata. Que mellor momento que este para celebrala vida?

A COMPAÑÍA
Dirixida por Noemi Rodríguez e Andrea Jiménez, a  Compañía naceu en Londres  en 2013 aínda que na actualidade está  afincada en Madrid. Teatro en Vilo persegue o diálogo co contorno social, político e persoal que obriga a unha renovación constante da linguaxe escénica. Busca situarse entre a liña que separa o teatro da vida e a ficción da realidade, combinando o improvisado e o coreografiado, o humor absurdo e a comedia xestual, a tenrura e a irreverencia.
Dende a súa creación, Teatro en Vilo visitou numerosas cidades europeas e percorreu cos seus espectáculos gran parte do territorio español, tendo a oportunidade de participar en festivais de prestixio como Los Teatros del Canal, Edinburg Fringe Festival, Mimetic Festival de Londres…
Así mesmo, recibiu varios premios, entre eles, o Premio do Xurado e o Premio do público no Festival Presente-Futuro en Palermo; e o Premio á Mellor Compañía Emerxente no  Mimetic Festival de Londres.