me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
19
20
21
22

XOVES 15

19'00 -20'00 - 21’00 BARBADÁS. CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA
COMPAÑÍA: MONO HABITADO
PROCEDENCIA: PAÍS VASCO
ESPECTÁCULO: Benditas
DURACIÓN: 24 min.

www.elmonohabitado.com
Vídeo Benditas

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Texto e dirección: Raúl Camino
Elenco: Begoña Martín Treviño, Carmen San Esteban
Vestiario: La Funambulista
Deseño gráfico: Makondo
Vídeo: Yuke Ward

PREMIO: VIII Edición do certame nacional “Teatro con Diamante”

SINOPSE
Unhas pastoras atópanse no campo cos seus rebaños cando teñen, ou cren ter unha aparición mariana. Dúas mulleres e un resplandor derivan nunha conversa sobre o humano e o divino que pasará polo reproche pero tamén pola comprensión e camaradería. Un delirio entre pulgas e milagres.
Benditas xorde do desexo de reflexionar como artistas sobre determinados temas e de converter esa relexión nun diálogo co público. A través da comicidade propón unha mirada crítica sobre os modelos femininos que a relixión leva sosteñendo ao longo da historia. Máis de 2000 anos de figuras sumisas, sometidas, invisibilizadas, asociadas ao pecado e valoradas como sufridoras e mártires, algo ten que ter deixado no noso incosnciente.

A COMPAÑÍA
O MONO HABITADO é un ser antropomorfo que utiliza o humor, o absurdo e a representación simbólica da realidade. Este animal social busca o contacto coa manada para compartir o seu imaxinario e a súa
particular visión do mundo. O Mono Habitado, compañía formada por Begoña Martín Treviño e Raúl Camiño. Ambos levan as artes escénicas no seu ADN; a súa dilatada traxectoria enriqueceu a Zanguango Teatro e Peixe Limbo con obras inesquecibles como Tocata e Fuga e Espinazo ou callos. “A nosa maneira de traballar caracterízase por abordar temas sociais desde a perspectiva do humor, tratando de conxugar contido e desfrute”.
Benditas é a terceira produción da compañía afincada en Vitoria-Gasteiz.


20’00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: LA QUINTANA en coproduciÓn co Centro DramÁtico Galego (CDG)
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: O Premio
DURACIÓN: 90 min.

ESTREA ABSOLUTA

www.laquintanateatro.es

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección: Marián Bañobre
Dramaturxia: Santiago Cortegoso

Escenografía e vestiario: Marisa de Laiglesia
Iluminación: Javier Quintana
Técnico de iluminación: Anxo Outomuro
Creación sonora: José Luis Fraga

Vídeo: Lucía Estévez

SINOPSE
Un reality en directo onde o público decide quen merece ganar o premio da súa vida: Morrer logrando a fama. Todo por un soño.
Tres finais distintos en función do desexo do público Tres finalistas entre 15.000 aspirantes.
Tres persoas cun mesmo desexo: acabar coa súa vida.
Tres motivos distintos polos que desexar morrer ante a audiencia.
Tres segredos agochados e descubertos en directo.
Tres personaxes completamente diferentes entre si.
Tres opcións que o público debe escoller.

A COMPAÑÍA
LA QUINTANA. A interacción cos espectadores é clave no desenvolvemento deste programa e, por tanto, do espectáculo, no que o traballo actoral e de investigación ao redor das novas formas teatrais apóiase nos vídeos a través dos que se comparte a vida dos protagonistas. O premio é o quinto espectáculo da Quintana Teatro, para o que ademais de con o apoio do CDG, conta con Escenate e Zeena Producións na produción e co Concello de Madrid como outra das entidades coprodutoras. No equipo artístico e técnico, atópanse así mesmo Marisa de Laiglesia (escenografía e vestiario), Javier Quintana (deseño de
iluminación), Anxo Outumuro (técnico de luces), Lucía Estévez (vídeo), José Luis Fraga (creación sonora) e María Moral (distribución).
A compañía coruñesa, que comezou a súa traxectoria hai 12 anos con grande éxito de público e crítica de Desde o invisible, Premio MAX 2008 ao mellor espectáculo revelación, continuou avanzando no seu traballo de creación colectiva e investigación en títulos como Innómines, Realidade e O bolso
ou a vida.