me
xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
19
20
21
22

DOMINGO 25

de 12'00 a 14'00 e de 16'30 a 19'30 h. 5 PASES CEIP FILOMENA DATO
COMPAÑÍA: ALAUDA
PROCEDENCIA: BURGOS
ESPECTÁCULO: Ingenii Machina
DURACIÓN: 30 min.

ESTREA EN GALICIA

www.alaudateatro.com
Vídeo Ingenii machina

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autor: Rafael Benito
Dirección escénica: Rafael Benito
Elenco: Rafael Benito, Gabriel Benito, Isabel Sobrino
Axudante de dirección: Gabriel Benito
Escenografía: T.A.T.
Iluminación: T.A.T.
Vestiario: Isabel Sobrino

SINOPSE
Espectáculo de animación de rúa de gran tamaño baseado en diversos dispositivos mecánicos,
creados coa intención de buscar a interacción lúdica e diversión do público.
Unha marioneta de 5 metros de altura, manipulada polo público, autómatas mecánicos, paneis con
diversos mecanismos e engrenaxes, unha pirámide que garda no seu interior un enigma que deberás descubrir, un guindastre con mecanismos e poleas na que tres xogadores, con máxima colaboración e coordinación, terán que conseguir transportar uns obxectos dentro dun espazo. Todo iso amenizado polo divertido Musicóptero, un triciclo que con só a enerxía xerada polos pedais pon en marcha un organillo
.

A COMPAÑÍA
ALAUDA. A compañía xorde por iniciativa de Rafael Benito, licenciado pola Escola de Arte Dramática de Madrid en 1984 e Isabel Sobrino titulada polo RCSM de Madrid en violoncelo.
En 1992 trasládanse a Salazar, Burgos, onde o seu labor teatral madura e producen máis de vinte e cinco montaxes teatrais, cursos de teatro e monicreques e interpretación para cantantes líricos. Desde o 2016 imparte os cursos Anima Madeira de talla e construción de marionetas.
En 1997 comezan a investigar e utilizar marionetas, sendo na actualidade, o monicreque, un elemento asiduo nas súas propostas, con vinte espectáculos de diferentes técnicas. Participaron en 141 festivais nacionais e internacionais, 43 no últimos tres anos.
Desde o ano 2012 organizan e dirixen o Festival de Monicreques das Merindades. No ano 2017 inaugúrase o Teatro A Realidade, un espazo cultural dedicado ás artes escénicas: teatro, monicreques danza e música.