xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
18
19

MÉRCORES 20

20'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: TEATRO DO ATLÁNTICO
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Libre coma os paxaros

www.teatrodoatlantico.com
Vídeo Libre coma os paxaros

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Textos: Rosalía de Castro
Dramaturxia e Dirección: Xúlio Lago
Elenco: María Barcala
Composición musical: Vadim Yukhnevich
Gravación: Mauricio Caruso
Espazo escénico e iluminación: Antonio F. Simón / Xúlio Lago
Vestiario: Susa Porto
Fotografía: Tino Viz/Margen
Realización de vídeo: e-Me Comunicación
Técnicos de Escena: RTA

SINOPSE
Unha muller toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade. Declara, desafiante, non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa, nin acatar mandatos dos seus iguais.

Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo; e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condi- cións de vida que aquelas teñen que soportar.

Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria. E clama contra o silencio que todo o envolve.

A COMPAÑÍA
Como afirmou a crítica e investigadora Inma López Silva: “Seguramente sexa unha proeza que unha compañía teatral galega faga trinta anos ininterrompidos sobre os escenarios”. Teatro do Atlántico, compañía constituída no ano 1985 por María Barcala e Xúlio Lago leva realizadas ata o momento 35 producións, entre as que podemos suliñar Casa de Bonecas, de Ibsen, A noite das Tríbade de Olov Enquist, Amor de don Perlimplin con Belisa no Xardín, de García Lorca, O cerco de Leningrado, de Sanchis Sinisterra, O encoro, de Conor McPherson, A raíña da beleza de Leenane, de Martín McDonagh , Unha primavera para Aldara, de Teresa Moure ou Memoria de Helena e María, de Roberto Salgueiro. As súas producións teñen realizado xiras por case todas as autonomías, con participación en numerosos festivais nacionais e internacionais de Teatro.
Teatro do Atlántico recibiu no 2016 o Premio da Crítica de Galicia no apartado de Artes Escénicas.