ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
lu

DOMINGO 11

19'00 TEATRO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: LOLITA CORINA
PROCEDENCIA: CATALUNYA
ESPECTÁCULO: Brujas
DURACIÓN: 60 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autores: Compañía Lolita Corina e Álex Navarro
Dirección: Álex Navarro
Intérpretes: Lola González e Coral Ros
Axudante de dirección: Caroline Dream
Deseño de iluminación: Patricio Rother
Deseño espazo sonoro: Álex Navarro
Escenografía: Anna Sinués
Vestiario: Carmen Lozano
Maquillaxe: Cristina Montenegro
Deseño gráfico: Ramón Carnero
Fotografía: Eduardo Rodilla
Produción: Compañía Lolita Corina

SINOPSE
“Brujas” é o novo espectáculo da Compañía Lolita Corina, que seguindo a súa forma de traballo na fronteira do teatro cómico e o clown, mergúllannos dun modo moi divertido no mundo do paranormal e metafísico.
Unha morte accidental, a consulta dunha bruxa, un cadro… ás veces só cómpre un pequeno empurrón para que os poderes ocultos se manifesten. A bruxa Lula, unha bruxa visionaria entre as visionarias será a encargada de conducir a Dora, viúva desconsolada entre as desconsoladas, no mundo do sobrenatural, pero nada é o que parece… ás veces as bruxas están onde menos o esperas…

A compañía
Lolita Corina defínese como unha compañía interesada no clown e que explora as diferentes posibilidades expresivas do humor como un xeito de entender a vida e o mundo. “O xogo é a nosa base do traballo, tanto na linguaxe xestual ou máis apegado ao traballo do texto. O teatro ofrécenos a posibilidade de visualizar o absurdo da existencia e crear un contorno seguro onde actrices e público poden afrontar de xeito irreverente temas que usualmente xeran unha actitude medorenta”.
Nesta nova proposta, investigan sobre os fenómenos paranormais. Intérnanse naquilo que chamamos a parte máis escura do ser humano, para saber que pasa alí. Unha característica que lles gusta subliñar é a constante inclusión do público como un terceiro personaxe para conseguir unha complicidade extrema con eles.

www.lolitacorina.com

DOMINGO 11

20'30 ANTIGA CAPELA DO CAMPUS UNIVERSITARIO
COMPAÑÍA: Matarile
PROCEDENCIA: Galicia
ESPECTÁCULO: El cuello de la jirafa
DURACIÓN: 90 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autoría, dirección e creación: Ana Vallés
Textos: Ana Vallés e Enrique Gavilán
Outros textos: Óscar Codesido, Mónica García e María Roja
Intérpretes: Óscar Codesido, Mónica García, Enrique Gavilán, Baltasar Patiño, María Roja e Ana Vallés
Iluminación, son e espazo: Baltasar Patiño
Coreografías: Mónica García
Auxiliar de dirección: Diana Mera
Vídeo e fotografía: Rubén Vilanova e Grismedio Studio
Imaxe cartel: María Roja
Produción: Manu Lago e Matarile Teatro
Colaboran: AGADIC, Xunta de Galicia – Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, USC
Colaboración especial: FITO e Alt Vigo

SINOPSE
Non teño fillos. Non teño pais. Ás veces son unha árbore. Podo ser un animal.
Sei que aí fóra, na horta, todo está medrando, madurecendo, secando o xerminado. Fascinante, en principio, pero se o penso ben, tamén un chisco aterrador este micro mundo… unha mostra do irremediable aburrimento producido polo continuo repetir cíclico das rutinas na natureza, no universo enteiro, nas nosas relacións, nas nosas vidas e costumes. Ata o infinito. Todo se repite ata o infinito. De forma mortal.
E volvemos ao tempo, inseparable das repeticións.
Unha figura en movemento, sombra. Prescindindo das flores.
Parecen flores no pelo, pero non o son.
A non permanencia supón a perda nuns segundos de algo que empregou moito tempo en construírse. Todo está cuberto  dunha capa da non permanencia. Un día de xullo soleado, unha muller fumando, o balbordo das tabernas. A sensación de que vai pasar unha banda.
Non podo parar, non podo determe.
En ocasións penso que a cada minuto todo se converte en pasado, e, porén, outras veces sinto que o pasado sempre volve e nunca se acaba. Queres un amorodo?
Ana Vallés

A compañía
Matarile Teatro, fundada en 1986, é unha das formacións galegas máis internacionais e galardoadas. Na actualidade é residente na Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, Auditorio da Universidade de Santiago de Compostela.

www.matarileteatro.net

DOMINGO 11

23'00 AUDITORIO MUNIcipal
COMPAÑÍA: L'ALAKRAN
PROCEDENCIA: SUÍZA
ESPECTÁCULO: Kairos, sísifos e zombis
DURACIÓN: 110 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autores: Perú C. Sabán e Óskar Gómez Mata
Dirección: Óskar Gómez Mata
Intérpretes: María Danalet, Óskar Gómez Mata, Michèle Gurtner, Esperanza López, Olga Onrubia e Valerio Scamuffa
Axudante de dirección: Delphine Rosay
Escenografía: Claire Peverelli
Iluminación: Michel Faure
Vestiario: Isa Boucharlat
Son: Serge Amacker
Dispositivo escénico, vídeos e fotografías: Chine Curchod, Régis Goaly e Óskar Gómez Mata
Produción: Bárbara Giongo
Coprodución: Compañía L’Alakran, Comédie de Genève – centre dramatique, Espace Malraux, scène nationale de Chambéry et de la Savoie. Coa colaboración de Festival BAD (Bilbao), Grand Marché – centre dramatique de l’Océan indien, de L’Arsenic – centre d’Art scénique contemporain (Lausanne) e do Théâtre de Grütli (Genève)

SINOPSE
Para os gregos, o bo timing estaba asociado á noción de kairos que traduce o tempo axeitado para facer as cousas, o tempo “oportuno”. Estar en kairos significa estar ben sincronizado coa totalidade. Designa a calidade do tempo, isto é, recoñecer o momento propicio para actuar.
“Kairos” é o tempo da ocasión oportuna. Cualifica un momento.
“Kairos”, unha dimensión do tempo que non ten nada que ver coa noción lineal de Cronos, podería estar considerada como outra dimensión que crea a profundidade no instante, é o momento no que o noso consciente e o noso inconsciente se conectan. Mira a vida e intenta vela en kairos. Somos zombis inconscientes, volvámonos zombis conscientes, furemos a realidade: detrás dun burato está TODO. En kairos é o que ves, ves TODO.
Este espectáculo estivo convidado no  Festival de Avignon.

A compañía
En 1997, en Xenebra, é cando Óskar Gómez Mata funda L’Alakran nun encontro determinante con Philippe Macasdar, director do Teatro Saint-Gervais. Establecida en Suíza, é en España cando nace, cando Gómez Mata e outros fundan Legaleón.
L’Alakran é unha compañía das que existen poucas en Suíza, cun sistema de produción a parte e unha estética recoñecible cos ollos pechados. Di o director: “eu vexo o teatro como un exercicio simbólico para a vida. O noso obxectivo é plantar unha semente na cabeza do espectador, que eles tomen posición intelectual e psíquica. A nosa estética permítenos non converternos xamais en  moralistas. O texto é un material, como o corpo do actor, a luz ou a escenografía”.

www.alakran.ch