ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
lu

VENRES 9

20’30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: MARCO CANALE
PROCEDENCIA: ARXENTINA
ESPECTÁCULO: El futuro empezó ayer
DURACIÓN: 70 min

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dramaturxia, interpretación e dirección: Marco Canale
Asesoría na dramaturxia: Gabino Rodríguez
Asesoría na dirección escénica: Elvira Onetto
Creación musical: Camila Ibarra e Marco Canale


SINOPSE
Esta obra empezou sendo unha obra sobre a dor. A dor na miña casa, na miña infancia, a violencia na miña familia. Aos poucos meses a miña irmá caeu. Viaxei a Bos Aires para apoiala e tiven unha crise que me obrigou a parar. Reencontreime coas miñas irmás, coa miña nai, co meu pai, cos meus amigos e coa muller coa que compartín tantos anos da miña vida. Ela apertoume a tarde na que caín ao chan. Recoñecín a miña propia fraxilidade e ao cantar a carón da miña avoa e a miña nai, souben que xa non chegaba con denunciar o que pasara. Que sen amor nada tiña sentido. Por iso esta é, antes que nada, unha obra sobre o amor (esa palabra na que case non pensara). Esta obra escribina ao carón da miña familia, coas súas palabras e os seus silencios. Houbo veces nas que sentín que non tiña sentido seguir. Entón a miña irmá Clara fixo que fora un canto.

A compañía
Marco Canale é creador escénico e audiovisual (Bos Aires, 1977), traballa en proxectos onde a arte atravesa co biográfico e o político. As súas obras presentáronse en cidades, barrios e espazos como o Festival de Edimburgo (Proxecto Theatre Uncut: Premios Fringe First, Herald Angel e Spirit of the Fringe), Haus der Kulturen der Welt (Berlín), o Festival Iberoamericano de Cádiz (España), Theatre Clurman (Nova York), Festival Re/Posicións (México D.F), Escena Contemporánea (Madrid), Young Vic Theater (Londres), Teatro Beckett (Bos Aires) e Casa de América (Madrid), entre outros.
Participou en encontros organizados polo Royal Court (Londres) e a Sala Beckett (Barcelona) e publicou as súas obras en Editorial Artezblai, Primer Acto e Ediciones Autor (España) e en Editorial L´Amandier (Francia).


https://vimeo.com/user7430028

 

 

VENRES 9

23'00 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: ELEFANTE ELEGANTE
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Kassa
DURACIÓN: 90 min

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Texto, dramaturxia e dirección: María Torres e Gonçalo Guerreiro
Intérpretes:Alfredo Muíño, Gonçalo Guerreiro, María Torres, Marta Alonso e Javier Pérez Piñón
Música orixinal: Mano Panforreteiro, Mónica de Nut, Iria Pinheiro, Dani Pais
e Gonçalo Guerreiro
Escenografía: Carolo Losada Soto
Deseño de iluminación e vídeo creación: Dani Pais
Coreografía: Ángela Blanco
Deseño de vestiario: Marcia Edleditch
Carpintería e tremoia: Javier Pérez Piñón


SINOPSE
A acción comeza en tempos de bonanza. Chove diñeiro. A sociedade é sedutora, próspera e optimista. A casa, como un agasallo do banco, representa a realización do soño, da unión e da felicidade familiar. Un día, esgótanse os recursos económicos colectivos e o Empresario para quen traballa o Pai anuncia o seu despedimento a xeito de Music-hall.
A familia está obrigada a deixar a casa que pasa a ser propiedade do Banco. No aire quedan preguntas sobre o futuro. O futuro de todos, da democracia, do futuro do sistema social, o futuro do mundo occidental e das súas formas de organización.
“Kassa” é un espectáculo con efectos cómicos, plásticos e musicais, que ao mesmo tempo que advirte, divirte e fascina. “Kassa” é un espectáculo de teatro visual, inspirado na “A Metamorfose” de Franz Kafka.

A compañía
Elefante Elegante crea espectáculos de teatro visual baseados no xesto e no movemento.  As súas creacións buscan a universalidade, xurdindo da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais. 
A compañía, de orixe galego-portuguesa, foi creada en 2007 por María Torres e Gonçalo Guerreiro e ten a súa sede na Coruña. Nace para dar forma artística ás súas inquietudes sociais e existenciais. Os seus espectáculos teñen sido acollidos en Galicia, Portugal, Bélxica, Suíza, Francia e Italia. 


www.elefanteelegante.net