ve
sa
do
ma
me
xo
ve
sa
do
lu

LUNS 12

20’30 Auditorio Municipal
COMPAÑÍA: Frida Kahlo Productions, Richard Jordan Productions, Produzioni Fuorivia in association with Summerhall
PROCEDENCIA: ITALIA
ESPECTÁCULO: La Merda
DURACIÓN: 70 min.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autor e director: Cristian Ceresoli
Intérprete: Silvia Gallerano
Axudante de dirección, escenografía e luz: Gio Gagliano
Subtítulos: Roberto Pascual

SINOPSE
O éxito da obra baséase sobre dous piares: os certeiros e airados textos de Cristian Ceresoli e a cativadora interpretación da súa “nova, fea e espida” protagonista, como literalmente a describe a propia compañía. Nun descarnado monólogo, Silvia Gallerano descobre sobre as táboas os seus segredos máis terribles mentres loita de forma valente, decidida e obstinada por alcanzar o éxito nun lugar que ela mesma define como “a sociedade das coxas e a liberdade”.

A compañía
Despois dunha intensa xira europea, na que non deixou de colgar o cartel de “non hai entradas” alá onde se mostra, “La Merda” vén ao FITO avalada por grandes críticas internacionais, como: “Un texto excelente  cun resaibo shakesperiano e un fío narrativo próximo a Pasolini” (Il Fatto Quotidiano); “Un monólogo interior devastador” (The Scotsman); “Unha sinfonía verbal totalmente fascinante” (The Herald); “É pura potencia, política e poética” (Examiner).
A revista especializada do Reino Unido The List quixo destacar a montaxe como “Unha peza teatral inesquecible que saca á luz os nosos máis profundos pensamentos, medos, desexos e recordos de forma tan certeira que case asusta… Descarnada, terrible, brutal, e ao mesmo tempo fermosa… Unha recreación case perfecta da humanidade, e, por suposto, da sociedade, vista dende o seu lado máis forte, máis desesperado, máis vulnerable e feridor”.
A estrea absoluta da obra (en italiano) tivo lugar en Italia en marzo de 2012. Despois do éxito obtido, a súa versión en inglés puido verse por primeira vez en agosto de 2012 no Summerhall, durante o Fringe Festival de Edimburgo, onde resultou ser unha das grandes sensacións do ano.

PREMIOS
PREMIO FRINGE FIRST 2012 ao mellor texto
PREMIO THE STAGE 2012 á mellor interpretación
PREMIO ARCHES BRICK 2012 á obra de arte emerxente
PREMIO DELLA CRÍTICA 2012 ao mellor espectáculo
PREMIO DO XURADO DE XORNALISTAS GIOVANI REALTÀ DO TEATRO
PREMIO DO PÚBLICO GIOVANI REALTÀ DO TEATRO
PREMIO TOTAL THEATRE 2012 (candidata) á innovación

www.cristianceresoli.it