xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
16
21

XOVES 12

18'30 PRAZA DE SAN MARTIÑO
COMPAÑÍA: ANIMASUR
PROCEDENCIA: GRANADA
ESPECTÁCULO: Boas noites Europa
DURACIÓN: 50 min.

www.animasur.es

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

Autor: Eusebio Calonge
Dirección: Paco da Zaranda
Elenco: Carmen Barrantes, Laura Gómez- Lacueva, Rafael Ponce e Ingrid Magrinyá
Espazo Escénico: Paco da Zaranda
Deseño de Iluminación: Eusebio Calonge
Coordinación Técnica: Carlos Samaniego
Produción Técnica: Hernán Romero
Espazo Sonoro: Torsten Weber
Deseño e confeción de vestiario: abrigo de voda Nuria Martínez
Fotógrafa: Bruno Rascaõ
Deseño publicidade: Víctor Iglesias
Produción Executiva: Kike Gómez
Prensa: Lemon Press
Distribución: Padam Producións

sinopse

As únicas diferencias entre o que ocorreu onte e o de hoxe é que os protagonistas son outros, o lugar tamén é outro..., pero as circunstancias son as mesmas.

A guerra obriga a un grupo de personas a migrar, desprazarse a outro lugar, abandonar todo o que, ata o momento, foi a vida para eles. Dende ahí, non queda outra cousa que construír destino, aventurarse ó mar e, dende ese preciso instante, comezar a esquecer.

Inventalo todo, de novo; un nome, unha identidade, unhas razóns e, en definitiva, un sentido á ardua tarefa de vivir nesta vella e cansa Europa.

Tan maior, que non se lembra de case nada.
E, con tanto medo, que non abre as portas a ninguén.

Animasur é unha compañía de teatro urbano. O teatro urbano, unha intervención pública consciente, transformadora, fermosa (e non).

A COMPAÑÍA

Nacemos en 1996 como empresa de animación (de aí o nome), pero pronto comezamos a especializarnos no traballo de teatro de rúa e en ofrecer formación en artes escénicas e circenses, actividade que formalizamos en 2010 coa Escola Internacional de Circo e Teatro CAU.

Como compañía, desde a nosa fundación desenvolvemos de forma paralela varias liñas de actuación: hoxe día, seguimos apostando polas novas linguaxes e os temas de actualidade. O noso obxectivo é provocar a reacción instintiva dos espectadores a través de montaxes cun forte impacto, cos que conectar, dar vida e implicar ao público tanto nas obras da compañía como nas intervencións de rúa.

 

 

21'00 LICEO
COMPAÑÍA: QUICO CADAVAL
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: Corredoiras asfaltadas
DURACIÓN: 80 min.

ESTREA

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

Autor: Quico Cadaval
Dirección: Quico Cadaval

sinopse
Os camiños da aldea, iluminados pola fría lúa, foran durante séculos, o territorio dos difuntos e dos fenómenos asustadores. Viñeron as autoestradas e escorrentaron aos espectros, e as rotondas deixaron ás bruxas sen lugares de reunión. Agora, as luces máis asustadoras son os fríos conos da garda civil de tráfico.

Agora, as historias que se contan no inverno acontecen en lugares novos, discotecas, gasolineiras, puticlubs, mais o medo é o de sempre, o de toda a vida.

A COMPAÑÍA
Quico Cadaval, leva desenvolvendo desde os anos noventa un tipo de espectáculo unipersonal a medio camiño entre a narración tradicional, a épica escénica e o cabaré literario.

Nace en Ribeira, na Ría de Arousa, onde Deus apoiou o dedo anular no seu día de descanso (o sétimo). O feliz natalicio produciuse no ano catro a.m.m.m. (antes da morte de Marilyn Monroe) nunha taberna, na que creceu. Na súa infancia conviviu con mariñeiros que extraían maxicamente bacallaus salgados dos seus pantalóns, quinquilleras que revelaba a berros a orixe da vida mentres devoraban carne asada e anciás que conseguían mexar de pé con precisión de cirurxiáns. Polo modo que ten de falar de si mesmo parece que non ten avoa, pero a tivo e nótaselle moito.

Dirixiu espectáculos de teatro coa presenza de orfas de fillos, quinquilleras, viúvas de carpinteiro, traficantes de toneis, palilheiras-macho, inmigrantes ilegais e xitanas vingativas.

Escribiu pezas de teatro protagonizadas por traficantes mudos, deusas, piratas (sexo feminino), ociosos, aristócratas pintores, músicos ambulantes e vendedoras de amor ao pormenor. Por se isto fose pouco, é omnívoro. Na sua forma actual, aproveita a referencia do espectro das historias tradicionais, para explotar outras zonas espectrais da nosa conciencia, nosa memoria e a nosa percepción.