xo
ve
sa
do
lu
ma
me
xo
ve
sa
do
16
21

DOMINGO 15

19'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: REDRUM TEATRO
PROCEDENCIA: GALICIA
ESPECTÁCULO: O pequeno poni
DURACIÓN: 75 min.

www.redrumteatro.com

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Texto: Paco Bezerra
Dirección e tradución: Alex Sampayo
Elenco: Guillermo Carbajo e Laura Míguez
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Escenografía: Alex Sampayo
Director de arte: Rubén Porto
Espazo sonoro: Fernando Epelde
Prensa: Alberto Ramos
Distribución: Guillermo Carbajo


SINOPSE
Luismi é un neno de nove anos que vai a clase cunha mochila da súa serie de debuxos preferida, ‘O meu pequeno poni’. Algo tan inocente esperta as burlas, vexacións e a violencia máis brutal dos seus compañeiros. Esta é unha obra sobre o acoso escolar, esa dolorosa realidade na que viven atrapados cada vez máis nenos e nenas de todo o mundo; unha reflexión acerca da liberdade, o medo e o instinto de protección; un retrato da cegueira, a ineptitude e os prexuízos sociais dos adultos.

Esta obra está inspirada nos feitos reais que tiveron lugar en Estados Unidos durante o ano 2014.

O neno protagonista de ‘O pequeno poni’ non é produto da ficción construída por Paco Bezerra. Luismi é un neno de carne e óso. Existe e ten, desgraciadamente, moitísimos nomes.

En Carolina do Norte, no ano 2014, o pequeno Grayson Bruce de nove anos, non puido entrar na súa escola despois de sufrir ataques físicos e verbais por parte dos seus compañeiros por levar unha mochila da serie de televisión “My little Pony”. A dirección do centro considerouno “detonante de acoso” e acusou o menor de “disrupción na aula”. Un mes antes, outro rapaz de once anos chamado Michael Morones sufriu un episodio similar por seguir a estes debuxos. Tentou suicidarse e durante sete anos sufriu danos cerebrais irreversibles pola falta de osíxeno antes de falecer. Sen pretendelo, a serie ‘My little Pony’ converteuse nun dos maiores símbolos da loita contra o acoso escolar.

A COMPAÑÍA
Redrum Teatro somos unha empresa cultural adicada á produción e distribución de espectáculos teatrais e á edición de libros infantís constituída no ano 2009. Desde a nosa fundación apostamos pola produción de espectáculos de diferentes formatos, sempre cun coidado valor estético e artístico como marca persoal da compañía e coa clara vontade de fomentar o entretemento e a cultura en galego.

Conscientes dos numerosos poderes que ten o teatro como instrumento social, terapéutico e pedagóxico, traballamos con colaboradoras especializadas nos ámbitos da pedagoxía, da educación social e do feminismo para a creación de pezas teatrais cun forte carácter didáctico e reivindicativo. As nosas pezas teatrais foron variadas ao longo destes anos, nos que a compañía viviu unha intensa e enriquecedora evolución artística, que comeza coa estrea do noso primeiro espectáculo, A Pensión, que xa gozara dun grande éxito de público e crítica.

Redrum Teatro naceu hai máis dunha década con vocación de continuidade e coa intención clara de contribuÍr ao sector das artes escénicas galegas.